Restitución 3D

Filtrar ico

Filtrar

Filters

 

Casa José Cuanda Cruz, 1883

Casa José Cuanda Cruz, 1883

Edificio deseñado en 1882 polo arquitecto Antonio López Crespo para vivenda de Xosé Cuanda Cruz situada no nº 51 da antiga estrada Villacastín-Vigo, actual rúa Progreso, propietario da "Fonda Cuanda", levantada no nº 49 ca que lindaba polo lado esquerdo. Feita con...

Fonda Cuanda, 1871

Fonda Cuanda, 1871

A estrada Villacastín-Vigo, hoxe rúa Progreso, foi proxectada en 1803 e o edificio que albergou o negocio chamado "Fonda Cuanda", de arquitecto descoñecido, comezou a dar servizo a cidade en 1871 e estivo rexentada por Xosé Cuanda Cruz. Tiña unha fachada de 35.30...

Antiga Estación de Ferrocarril de Urzáiz, 1923

Antiga Estación de Ferrocarril de Urzáiz, 1923

O rápido crecemento da cidade de Vigo a finais do século XIX e principios do XX, fixo necesaria unha planificación da reforma da estación de ferrocarril de Urzáiz. Deste xeito, en 1907 será cando se comece a aplicarse o Plan de Ensanche e Reforma trazado por José...

Antiga Estación de Ferrocarril de Urzáiz, 1878

Antiga Estación de Ferrocarril de Urzáiz, 1878

A chegada do ferrocarril á cidade de Vigo foi moi lenta. En 1855 aprobouse a "Ley General de Ferrocarriles", en 1857 presentábase un proxecto de conexión por Zamora. En 1860 fanse estudos da conexión entre Vigo e Ourense. As vias e travesas da estación foron colocadas...

Edificio Antonio Álvarez, 1917

Edificio Antonio Álvarez, 1917

No ano 1917, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías proxecta unha ampliación por encargo de D. Antonio Álvarez para reformar unha casa situada na antiga Rúa do Hospicio, a carón da Praza das Mercedes, actualmente a Rúa de Buenos Aires, na cidade de Ourense. Sobre unha...

Asilo de San Antonio, 1887

Asilo de San Antonio, 1887

O 23 de xuño de 1887 inaugurábase o edificio popularmente coñecido como “Asilo de San Antonio”, xa que a capela que estaba integrada estaba adicada a ese santo. Hoxe hai unha praza pública co mesmo nome, e que ocupa parte do solar que ocupaba o edificio xa...

Casa-Chalé de Daniel Vázquez-Gulías, 1925

Casa-Chalé de Daniel Vázquez-Gulías, 1925

En 1925, o arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez deseña un chalé para vivenda famliar nas aforas da cidade de Ourense, nun lugar elevado e cun terreo circundante de acusada pendente e con vistas á cidade, no entorno da antiga estrada de Trives, hoxe...

Edificio Suances (versión con cúpula), 1931

Edificio Suances (versión con cúpula), 1931

En 1931, o arquitecto ourensán Manuel Conde Fidalgo deseña un edificio para vivenda específicamente para o cruce estratéxico na cidade de Ourense, entre antiga estrada Villacastín-Vigo (actual Rúa Progreso) e antiga estrada a San Clodio (actual Rúa Ervedelo). O...

Coro da Catedral Románica de Compostela, S. XIII

Coro da Catedral Románica de Compostela, S. XIII

O coro pétreo da catedral medieval de Compostela foi obra do Mestre Mateo. A súa construción foi iniciada cara o ano 1200 e podería estar rematado para a consagración da catedral, no ano 1211. Era unha construción dentro da propia igrexa, pechada por tres fachadas e...

Barrio Galaico-Romano de O Castro, Vigo, S. I aC.

Barrio Galaico-Romano de O Castro, Vigo, S. I aC.

Restitución virtual hipotética do barrio excavado na ladeira noroeste do monte de "O Castro" de Vigo, fundamentada nas disposicións actuais dos restos arqueolóxicos identificables no xacemento arqueolóxico de O Castro. Fontes: (Libro "Breve historia de O Castro",...

Basílica Prerrománica de Santiago de Compostela, Século IX

Basílica Prerrománica de Santiago de Compostela, Século IX

Nas súas orixes máis primitivas, a Catedral de Santiago de Compostela foi un pequeno mausoleo do século I construído coa finalidade de sepultar os restos do Apóstolo. Durante os primeiros séculos, esta pequena cripta foi frecuentemente visitada por unha pequena...

Instituto Provincial de Hixiene de Ourense, 1929

Instituto Provincial de Hixiene de Ourense, 1929

No mes de setembro de 1929, o arquitecto ourensán Manuel Conde Fidalgo firma os planos deste edificio estaba que situado na carretera Villacastín a Vigo km 554 Hcm.1, na marxe esquerda, no tramo que hoxe coñécese por Avenida de Zamora. O Instituto Provincial de...

Castelo da Nosa Sra. de “O Castro”, 1706

Castelo da Nosa Sra. de “O Castro”, 1706

Virtualización do castelo na data de 1706, fundamentada nas disposicións actuais dos restos identificables no monte de O Castro de Vigo e documentación planimétrica antiga. Fontes: (Libro “Breve historia de O Castro”, Edit. Elvira 2024)

Casa Consistorial de Ourense, Reforma de 1697

Casa Consistorial de Ourense, Reforma de 1697

A primeira Casa Consistorial de Ourense foi de proporcións moi pequenas, xa que o solar no que se construíu determinaría para sempre as dimensións do edificio. Rematado cara a 1519, non se conservan planos nin debuxos, pero si varias descricións recollidas ao longo da...

Garaxe Suances, 1927

Garaxe Suances, 1927

O 20 de abril de 1927, Ángel Suances de la Torre, solicita permiso para construir varios garaxes de aluger nun solar da súa propiedade, situado na antiga estrada de Ourense a San Clodio, ao principio da rúa Erveledo con Progreso, e poder amplialos no futuro, en...

Casa-Chalé de Daniel Rodríguez Castelao, 1935

Casa-Chalé de Daniel Rodríguez Castelao, 1935

A finais dos anos 20 e principios dos 30, Galicia experimenta un forte incremento na construción de vivendas residenciais de estilo rexionalista, debido en gran parte á gran aceptación que este estilo tivo entre a burguesía local. O principal impulsor deste novo...

Casa do Pobo de Ourense, 1913

Casa do Pobo de Ourense, 1913

Fermoso edificio deseñado en 1913 polo arquitecto ourensánDaniel Vázquez-Gulías Martínez a instancias da Sociedade Obreira de Ourense. As obras comezaron en 1914 e non remataron ata 1929. En 1931 un forte temporal derrubou parte do mesmo, sendo precisas obras de...

Escola Normal de Mestras, 1892

Escola Normal de Mestras, 1892

En 1892, o arquitecto municipal arquitecto municipal José Antonio Queralt. firma os planos deste edifici para a estrada Villacastín-Vigo, actual rúa Progreso. Era un edificio maxestuoso e robusto, coa fachada en pedra do país, con sillería regular e reforzados nas...

Círculo Católico de Obreiros de Ourense, 1905

Círculo Católico de Obreiros de Ourense, 1905

Este proxecto que Daniel Vázquez-Gulías Martínez aborda en 1905 como arquitecto diocesano, débese á iniciativa do bispo Pascual Carrascosa, que encargou á xunta directiva da Sociedade Católica de Obreiros en 1903, pouco antes da súa muerte, a construcción a expensas...

Escola de Avemaría de Ourense, 1921

Escola de Avemaría de Ourense, 1921

Esta edificación de carácter educativo catolico respondía a unha tipoloxía arquitectónica extendida neses anos para as "Escolas de Avemaría" en todo o estado, estaba situada no entorno do Xardín do Posío, foi deseñada polo arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez en...

Reloxería Suiza Otto Bodmer

Reloxería Suiza Otto Bodmer

O artesán helvético Otto Bodmer afincouse na cidade e instalou a "Reloxería Suiza" na rúa Pereira nº 4, actual Avenida de Pontevedra, onde tiña ubicado o seu taller artesanal e o seu punto de venda cara ao público. Bodmer adicábase maiormente á fabricación artesanal...

Igrexa das Servas de María, 1918

Igrexa das Servas de María, 1918

En 1918 o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez proxecta este edificio ás beiras do xardín botánico, hoxe o xardín do "Posío" da cidade de Ourense, para a congregación relixiosa das "Siervas de María", consistente nunha capela e unha vivenda. A capela era de...

Porta da Aira, 1616

Porta da Aira, 1616

A Porta da Aira era unha das 13 portas da cidade de Ourense da Idade Media e a única porta da que perduran documentación gráfica e restos físicos relevantes; construída na orde toscana, estaba situada ao comenzo da rúa Xulio Prieto Nespereira e foi documentada por...

Casa Consistorial de Ourense, Reforma de 1863

Casa Consistorial de Ourense, Reforma de 1863

O primeiro edificio consistorial da cidade de Ourense data de 1519, reformado en 1863 polo mestre arquitecto Francisco de Castro y Canseco. En 1863, cos novos aires de renovación da burguesía urbana, procédese a colocación dun reloxio transparente e "insonoro" na...

Casa Consistorial de Ourense, Proxecto de Reforma de 1873

Casa Consistorial de Ourense, Proxecto de Reforma de 1873

O edificio primixenio da Casa Consistorial de Ourense data do ano 1519. Reformado en 1697 por Francisco de Castro en Canseco e posteriomente, en 1863, coa denominada reforma do "reloxio" que derivou no desastroso derrubamento do edificio en 1873, acontecementos que...

Casa Consistorial de Ourense, Proxecto de Reforma de 1888

Casa Consistorial de Ourense, Proxecto de Reforma de 1888

En 1881, o arquitecto municipal José Antonio Queralt presenta un Proxecto de Modificación da fachada da nova Casa Consistorial de Ourense. No mes de xullo de 1886 engade outro Proxecto de Reforma de pisos, escaleiras e cubertas. En 1887 incorpora outro Proxecto de...

Proxecto Mercado de Abastos, Praza San Marcial, 1918

Proxecto Mercado de Abastos, Praza San Marcial, 1918

En 1918, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez boceta un edificio para mercado de abastos adaptado especialmente para o entorno da Praza de San Marcial, en pleno casco antigo da cidade de Ourense, e que se caracteriza pola súa pronunciada inclinación e gran...

Casa Madagán, 1909

Casa Madagán, 1909

Leoncio Bescansa Casares foi o arquitecto que, en 1909, deseñou esta casa como residencia familiar, foi construída en 1910 no n.º 4 da rúa Bispo Aguirre de Lugo, por encargo de Manuel Magadán Quintela, veciño da cidade e dono dunha eléctrica destinada á produción de...

Casa Madagán, Reforma de 1940

Casa Madagán, Reforma de 1940

A Casa Magadán, proxectada por Leoncio Bescansa en 1909 (Ver https://ciagalicia.com/proxectos/casa-madagan-quintela-1909/), experimentou unha importante transformación en 1940, data da apertura dun expediente de solicitude de licenza ao Concello de Lugo para a súa...

Proxecto de Praza de Touros de Ourense, 1856

Proxecto de Praza de Touros de Ourense, 1856

En 1856, o burgalés Wencelao Gaviña y Baquero, arquitecto especializado na construción de cemiterios, panteóns, vivendas e residencias señoriais para a aristocracia e laalta burguesía do Madrid da época isabelina, firmaba un proxecto de praza de touros para a cidade...

Circo Taurino de Mariñamansa, 1906

Circo Taurino de Mariñamansa, 1906

O día 26 de maio de 1906, Alfonso Junquera, comerciante, representante e presidente do consello de administración dunha empresa para a construción da praza de touros para a cidade, presenta instancia no Concello de Ourense expoñendo o seu interese por construir un...

Casa-Chalé Gumersindo Parada Justel, 1907

Casa-Chalé Gumersindo Parada Justel, 1907

No ano 1907, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez deseña unha casa-chalé por encargo do seu amigo, o veterinario Gumersindo Parada Justel, irmán do recoñecido pintor ourensán Ramón Parada Justel, ubicada no lado norde do céntrico Parque de San Lázaro de...

Proxecto da Praza de Touros da Carballeira, 1945

Proxecto da Praza de Touros da Carballeira, 1945

O Anteproxecto de Ordenación Xeral de Ourense incluía unha monumental Praza de Touros para a cidade de Ourense, nas proximidades da antiga estrada a Portugal, actual Rúa Marcelo Macías. O deseño abandoa as tradicionais prazas circulares e adopta a forma dun...

Antigo Mercado de Abastos da Guarda, 1910

Antigo Mercado de Abastos da Guarda, 1910

O filántropo Eusebio da Guarda faleceu en 1897 e no seu testamento especificaba unha doazón económica para a construción dun mercado municipal de ferro na Praza de Lugo.  O arquitecto Pedro Mariño foi o autor do proxecto, comezando as obras no ano 1901. No mercado...

Muiño “Pozo do Inferno”, 1890

Muiño “Pozo do Inferno”, 1890

En 1890 a este edificio trasladouse a primeira fábrica de luz da cidade, e posteriormente instalouse nel unha fábrica de xeo que distribuia en grandes bloques en carros por toda a cidade; e tamén hai referencias de que foi un aserradeiro de madeira. Edificio singular...

Teatro-Circo Aureliano Ares de Parga, 1886

Teatro-Circo Aureliano Ares de Parga, 1886

O día  8 de marzo de 1886, o industrial Aureliano Ares de Parga, presenta solicitude á corporación municipal para obter unha concesión de 10 anos que lle permita edificar en terreos de propiedade municipal, un Teatro-Circo de madeira. O plano presentado coa solicitude...

Edificio Suances, 1931

Edificio Suances, 1931

Tamén coñecido como "Edificio Lombardero", este magnífico edificio para vivendas foi deseñado polo arquitecto ourensán Manuel Conde Fidalgo en 1931 específicamente para un cruce estratéxico na cidade de Ourense, entre antiga estrada Villacastín-Vigo (actual Rúa...

Fortaleza de Altamira, Brión, 1800

Fortaleza de Altamira, Brión, 1800

Da  fastuosa  fortaleza de Altamira apenas quedan restos na actualidade.  A pesar de que as lendas lle atribúan moita antiguedade e o sitúen sobre un primitivo castro galaico, extremo non verificado arqueolóxicamente, o certo é que é unha edificación relativamente...

Casa Central da Eléctrica Lucense, 1910

Casa Central da Eléctrica Lucense, 1910

Na actual Praza de Ferrol da cidade de Lugo estivo ata o ano 1976 este monumental edificio, sede central de La Eléctrica Lucense, construído en 1903. Absorbida a empresa en 1935, décadas máis tarde o inmoble foi adquirido pola Caja de Ahorros Provincial de Lugo, que...

Ir o contido