No mes de setembro de 1929, o arquitecto ourensán Manuel Conde Fidalgo firma os planos deste edificio estaba que situado na carretera Villacastín a Vigo km 554 Hcm.1, na marxe esquerda, no tramo que hoxe coñécese por Avenida de Zamora.
O Instituto Provincial de Hixiene inicia actividades no novo edificio en 1930, e tiña encomendado o control das enfermidades infecto-contaxiosas. Facíanse neste centro análises de auga, uriña, sangue e tamén de bebidas e alimentos e campañas de vacinación.
Os planos amosaban diferenzas co edificio que finalmente se construíu: era lixeiramente máis baixo que nos planos e os alzados da fachada principal difiren nas ventás do piso superior, que foron máis pequenas; a balconada foi finalmente máis ancha que nos planos chegando a tocar os límites de ámbolos dous corpos laterais; logo na parte superior do corpo central distínguese nalgunha fotografía un remate decorativo esférico e as letras “INSTITUTO DE HIGIENE” que aparecen no alzado orixinal non foron incorporadas na fachada real.
O edificio tiña 3 corpos, un principal e dous laterais e 3 pisos de altura. A fachada principal carecía de molduras e prácticamente non tiña decoración, acusando externamente unha gran sobriedade de liñas moi en armonía co carácter funcional e a utilidade de atención médica do edificio. A proporcións de masas e hocos de luz estan igualmente ben entendidos, atendéndose primeiramente ás finalidades médicas do edificio. En canto á distribución interior das prantas, case todas as dependencias dispoñían de iluminación natural.
O estilo arquitectónico no que se encadraba este inmoble é o racionalismo, caracterizado pola súa funcionalidade, elegancia e simbolismo dunha época de cambio e progreso. Nas décadas de 1920 a 1940, Galicia experimentou unha transformación arquitectónica significativa coa chegada da arquitectura racionalista, movimento influenciado polas tendencias europeas, que introduciu novos conceptos e técnicas que deron forma ao paisaxe urbano, un xeito de construción que contribuíu a mellorar as condicións de vida, proporcionando vivendas máis saudables e hixiénicas.
A fachada foi repintada a mediados do ano 1984. Anteriormente debía ter unha cor branca típica dos centros sanitarios, ainda que ca contaminación dos vehículos e a suciedade ambiental o ton debía ser grisáceo.
Deste xeito permaneceu en pé durante 56 anos, e a súa demolición mediante cargas exposivas fíxose efectivo ás 16,52 horas do 25 de xuño de 1985, contando coa presenza do presidente da Cámara Municipal de Ourense Don Antonio Caride-Tabarés Castro e o director de Sanidade, costando a operación un 1 millón e medio das antigas pesetas.
Fontes: (AHPOu – Xornal La Región)
