En 1890 a este edificio trasladouse a primeira fábrica de luz da cidade, e posteriormente instalouse nel unha fábrica de xeo que distribuia en grandes bloques en carros por toda a cidade; e tamén hai referencias de que foi un aserradeiro de madeira.
Edificio singular de planta cadrada popularmente coñecido como “La Molinera”, tiña muros de sillería de pedra do país, construído á beira do río Barbaña, baixo a ponte da avenida Marcelo Macías, chegou ata a primeira década do século XXI. De arquitecto descoñecido, ao longo da súa existencia sufríu innumerables reformas e adaptación ás distintas actividades, que describimos por orde cronolóxica:
En 1896 o arquitecto José Antonio Queralt, deseña unha reforma en altura para instalar unha fábrica de fariña, co aumento de dúas alturas e cuberta a 8 augas en tella do país. En 1898, instálase unha cheminea de ferro; en 1902, Conde Valvís tamén solicita poder construir dous fornos de pan; en 1942 efectúanse reformas na fábrica de fariña, a cargo do arquitecto Jorreto, coa sustitución da cuberta de madeira por terrazas feitas por forxados de ladrillo e ferro; e en 1945 prodúcese unha forte riada no río Barbaña que provoca grandes danos no edificio e no negocio que alí se desenvolvía.
Entre 1940-50 instaurase nos arredores do edificio, un mercado clandestino de produtos alimenticios que abasteceu á cidade durante os anos de escaseza na post-guerra e onde agricultores do norde de Portugal, de A Limia e arredores de Ourense, vendían os seus produtos.
Posteriormente o edificio estaba ruinoso, e nos derradeiros anos a veciñanza organizouse reclamando a restauración integral do edificio como un ben público patrimonial e uso culturai, máis no ano 2011 procedeuse ao seu derribo para construir un novo edificio.
Fontes (AMOu; APHOu: Xornal La Region; Fotografias Miguel Doval)
