Casa-Chalé “Villa Cármen”, 1921

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Chalé Urbano
  • Rexionalista
S. XX
Antonio Alonso Vargas
1921 - 1975
Rúa Progreso, Rúa García Mosquera
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2016)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

En 1921, o arquitecto Antonio Alonso Vargas deseña este fermoso chalet urbano de estilo “rexionalista galego“, coñecido como “Villa Cármen“, a instancias de Carlos Taboada Tundidor, propietario do solar situado na esquina entre a rúa Progreso e a rúa García Mosquera, na cidade de Ourense.
Hai constancia de varios propietarios e establecementos comerciais no chalet ao longo da súa existencia. Ademáis do dono orixinal, tamén viviu alí unha parella de profesores da cercana escola de Maxisterio, Doña Imelda e o seu marido Bruno, e posteriormente, ata o ano 1972 un negocio chamado “Bar Chalet“.
En 1975, foi derrubado para construir un edificio administrativo.
Fontes ( AMOu; Museo Etnográfico Ribadavia )
Ir o contido