En 1892, o arquitecto municipal arquitecto municipal José Antonio Queralt. firma os planos deste edifici para a estrada Villacastín-Vigo, actual rúa Progreso.
Era un edificio maxestuoso e robusto, coa fachada en pedra do país, con sillería regular e reforzados nas esquinas con sillar almofadillado, de corte clasicista pero con elementos eclécticos, estruturada en dúas alturas, posteriormente 3, e tres corpos horizontais, sendo o corpo central o dobre de ancho que os corpos laterais, lembrando aos edificios civis renacentistas.
Ano 1915, un novo propietario, Perfectino Vieitez, aluga o inmoble primeiramente ás Oficinas de Facenda e posteriormente á Deputación Provincial de Ourense para instalar a “Escola Normal de Mestras”.
A reforma de 1926 a cargo do arquitecto Manuel Conde Fidalgo, consistíu en deixar o inmoble nunhas boas condicións de hixiene e aspecto, demolendo a terraza superior e sustituir esta por un piso cuberto con armadura e tella común e provisto de cinco ventás-balcón. Tamén branquearían e arranxarían os tabiques, instalarían lavabos e cuartos de aseo, pintarían e revocarían a fachada posterior e outros interiores
O edificio estivo en pé durante 78 anos, ata 1970 cando foi derrubado para construir un edificio de vivendas
Fontes: (AMOu – Museo Etnográfico Ribadavia – Libro “A Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970)”, Rosa María Cid Galante )
