Casa Consistorial de Ourense, Reforma de 1697

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Restos arquitectónicos
  • Arquitectura civil
Casa consistorial
S. XVII
Francisco de Castro y Canseco
1697
Praza Maior de Ourense
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
Avelino Rodríguez González (Historiador)
Paco Boluda (Ilustrador)

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

A primeira Casa Consistorial de Ourense foi de proporcións moi pequenas, xa que o solar no que se construíu determinaría para sempre as dimensións do edificio. Rematado cara a 1519, non se conservan planos nin debuxos, pero si varias descricións recollidas ao longo da súa existencia, que indican que respondería por unha banda ás características dun pazo urbano da súa época: vestíbulo, patio interior, balcón na fachada e por outra, moi posiblemente, ao estilo marcado polo mestre da arquitectura Rodrigo de Badajoz. Sobre a porta de entrada atópase un escudo imperial de Carlos I, hoxe trasladado no interior do edificio.

A finais do século XVII, en 1697, esta construción atopábase en moi mal estado, ameazaba ruina e os problemas de espazo agravaban, motivos que levaron a contratar unha reforma do edificio ao mestre arquitecto Francisco de Castro y Canseco. Ademais da ampliación do edificio cara ao oeste, Canseco introduciu algúns elementos ornamentais que dotaron de carácter á construción, como chapiteis que coroaban a cuberta ou un escudo na fachada da rúa da Barreira que, como curiosidade, serviu para rematar o edificio construído no século XIX.

A virtualización levouse a cabo a partir do plano básico do edificio realizado previamente á reforma de 1863, e das referencias descriptivas históricas acumuladas ao longo dos anos.

(Fonte: “A Casa do Concello de Ourense”, Avelino Rodríguez González. Anexo 34 do Boletín Auriense. Grupo Marcelo Macías. 2015)

Ir o contido