Este fermoso edificio situado no número 23 da antiga rúa da Alba, hoxe esquina entre a rúa Alejandro Outeiriño e a rúa do Paseo de Ourense, desapareceu en 1935 cando se construíu no seu solar un edificio de estilo racionalista alemán, deseñado polo arquitecto Antonio Ales Reilein a instancias do abogado ourensán Máximo Marquina.
Descoñécese o arquitecto que deseñou este inmoble, a data exacta de construción, e tampouco se conservan planos nin expedientes municipais referente ao mesmo.
Construído en pedra do país, tiña dúas alturas, cunha balconada de ferro en “L” seguindo las lineas de fachada, con estreitas galerías acristaladas cara a ámbalas rúas no primeiro piso, e unha composición e proporcións acordes co entorno urbán onde estaba integrado. No seu baixo estaba instalado un antigo bazar xoguetería “La Gallega“, antigamente chamado “095“.
Existe unha reseña xornalística que afirma que o “Edificio Marquina“, construído a partir de 1935, foi unha ampliación sobre este edificio orixinal, máis a estrutura moderna de construción con cemento armado, fai inverosímil tal teoría.
Fontes : (Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya; AMOu; Biblioteca Márcos Valcárcel; Xornal “La Region” ; Xornal “La Voz de Galicia)
