Casa José Cuanda Cruz, 1883

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Vivenda
  • Arquitectura tradicional galega
S. XIX-XX
Antonio López Crespo
1883 - 1914
Antiga estrada Villacastín-Vigo, actual Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2017)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Edificio deseñado en 1882 polo arquitecto Antonio López Crespo para vivenda de Xosé Cuanda Cruz situada no nº 51 da antiga estrada Villacastín-Vigo, actual rúa Progreso, propietario da “Fonda Cuanda“, levantada no nº 49 ca que lindaba polo lado esquerdo.

Feita con pedra do país para os marcos das portas, cornixas e outros elementos da fachada, madeira e ladrillo caravista enlucido en branco, permaneceu intacta ata 1907 cando o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez acomete a reforma e ampliación da fachada.

Por causa da acumulación de débedas e de créditos non satisfeitos, a finais do século XIX, Xosé Cuanda perderá o sue negocio da fonda Cuanda e a súa vivenda .

Fontes: (Arquivo Hco. Municipal de Ourense)

Ir o contido