Garaxe Suances, 1927

restitucion-3D
  • Arquitectura non construída
  • Arquitectura civil comercial
Garaxe
  • Modernismo ecléctico galego
S. XX
Manuel Conde Fidalgo
1927
Rúa Ervedelo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG
Mariló Landeira (Licenciada en Historia da Arte e Funcionaria do Estado)

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

O 20 de abril de 1927, Ángel Suances de la Torre, solicita permiso para construir varios garaxes de aluger nun solar da súa propiedade, situado na antiga estrada de Ourense a San Clodio, ao principio da rúa Erveledo con Progreso, e poder amplialos no futuro, en sentido lonxitudinal e ata o borde mesmo da rúa Ervedelo.

O proxecto foi encargado ao arquitecto Manuel Conde Fidalgo, quen deseña uns edificios de uso industrial adaptados á topografía en plano inclinado descendente da rúa Ervedelo cara o río Barbaña e aproveitando ao máximo o espazo dispoñible no solar para acomodar axeitadamente o maior número de vehículos posible, ata chegar ás 30 prazas.

Este proxecto encádrase claramente no estilo modernista, dende a súa planta asimétrica adaptada á morfoloxía do solar, ata o plantexamento da fachada. Se non fora pola inscripción “GARAGE” no frontón da fachada, non saberíamos, case, cal sería a súa utilidade final. É un plantexamiento moi típico da arquitectura modernista o feito de decorar e incluso magnificar -como é iste caso- as fachadas, para dar importancia e dignidade ás construccións sexa cal sexa a súa funcionalidade.  Pódese dicir que é unha fachada telón, que non da pistas acerca da organización interior do edificio. A decoración a base de liñas curvas e rectas, así como o uso dos remates en xarróns e as esferas nas esquinas do friso transversal, volven a remarcar o estilo modernista. O arquitecto, quizábes, intentou contrarrestar a sobriedade e sinxeleza do plantexamento de construccións racionalistas que se facían nesa época, sen ornamentación nin excesos constructivos e que certamente non tiñan a mesma aceptación estética entre a poboación.

Fontes: (Arquivo Municipal de Ourense)

Ir o contido