O día 26 de maio de 1906, Alfonso Junquera, comerciante, representante e presidente do consello de administración dunha empresa para a construción da praza de touros para a cidade, presenta instancia no Concello de Ourense expoñendo o seu interese por construir un Circo taurino de madeira, con carácter provisional, no barrio de Mariñamansa, no lado esquerdo da antiga estrada Villacastín-Vigo, no punto km. 553, e solicita a oportuna autorización administrativa.
A praza tiña pranta circular, unhas dimensións modestas e unha clara vocación de provisionalidade, cun diámetro de 34,1 metros, unha estructura básicamente feita de madeira e ferro e unha cimentación de pedra do país, para aportar estabilidade e solidez ao conxunto. No mes de maio de 1906, Alfonso Junquera solicita a licenza correspondente para levar a cabo a apertura de 3 portas de 3 m. de ancho para accesos laterais e de 4 m. para o acceso central, con obxecto de dar paso e facilitar entrada a grandes fluxos de persoas. O Concello de Ourense, logo dos informes técnicos, otórgalle os permisos pertinentes, pero esixindo que as portas de acceso deberán abrir cara adentro do recinto e xamáis cara a estrada. Asimesmo, deberíase construír unha beirarrúa na estrada arredor do perímetro da fachada que ocupase a obra.
O Xornal “El Miño” de 13 de xuño de 1906 faise eco da inauguración da praza facendo referencia a Secundino Couto Solla, propietario dunha aserrería e contratista encargado de levar a término a praza de touros de Mariñamansa, e o escritor, mestre e investigador, Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben Cho Shey), exerceu de cronista do acontecemento.
A portada principal é de estilo ecléctico, unha mistura singular de varios estilos arquitectónicos, sempre coa vantaxe da plasticidade construtiva que a madeira aporta. Así os arcos tripartitos de ferradura de reminiscencia románica ou mozárabe e certos chiscos neomudéxares propios de arquitecturas relacionadas co mundo taurino, son dominantes na fachada. De novo aparece a alternancia de líneas curvas e rectas, amosando un eclecticismo decorativo fronte a un racionalismo constructivo no uso da madeira, que responde a dúas motivacións básicas: o abaratamento dos custos da obra e a busca da maior facilidade posible para a desmontaxe da praza ou traslado a outra ubicación, ademáis tamén serviu coma foro cidadán para discursos políticos e como recinto pechado para levar a cabo actividades culturais variadas. A praza foi derrubada en 1918.
Fontes: ( AMOu; Xornal La Región; Xornal El Miño, Libro “El Arquitecto Daniel Vázquez-Gulias”)
