Escola de Avemaría de Ourense, 1921

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura relixiosa
Escola
  • Art Nouveau
  • Ecléctico galego
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1912 - 1980
Parque do Posío, Rúa Xosé Ramón Fernández
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2015)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Esta edificación de carácter educativo catolico respondía a unha tipoloxía arquitectónica extendida neses anos para as “Escolas de Avemaría” en todo o estado, estaba situada no entorno do Xardín do Posío, foi deseñada polo arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez en 1921 con grande sinxeleza unha fachada horizontal sobre basamento con escaleiras no corpo central e ventás verticais, cun criterio de axialidade que ordena tres eixes e tres corpos, e no central, onde se sitúa o acceso, os elementos clásicos se interpretan de xeito un tanto heterodoxo que ofrece un caso máis de eclecticismo arquitectónico.

Tratábase dun edificio cun soto e unha planta cunha fachada elegante de certo gusto modernista articulada en tres módulos, dous laterais e simétricos con cadanseu ventanal e remate cun elegante elemento cúbico que encadran o que chama máis a atención que é o corpo central cunha entrada principal á que se accede por unha escalinata, porta de dúas follas con ferros forxados e, na súa parte superior, o elemento decorativo entre pilastras que consiste nun arco con ferros forxados de motivos vexetais, e finalmente remate nun frontón pequeno circular. A ambos lados da porta hai, en total, catro grandes ventanais con motivos forxados. A planta constaba dun espazo rectangular cunhas estancias menores, cabe pensar en diferentes aulas, estas están na parte anterior, é dicir, a continuación da fachada, cada unha delas presenta varias ventás, dúas cara a rúa e dúas cara a parte posterior. Todo parece indicar que esa parte posterior é un patio onde desenvolverían os docentes diferentes actividades pedagóxicas.

Por outra parte, vestixios de Art Nouveau se evidencian no deseño de ferros e vidreiras, elementos fundamentais na definición ornamental desta fachada. A iluminación e a aireación reclaman acristalamentos amplos, así como patios e xardíns, fundamentais e decisivos neste tipo de construcción.

O edificio foi derrubado entrada a década dos 80 pra construir edificios de vivendas.

Fontes: ( AMOu;  Libro “O arquitecto Daniel Vázquez Gulías”; Libro ” As escolas de “Ave-María” en Ourense”, Rosa Mª Galante, Xosé M. Cid Fernández, Univ. Vigo)

Ir o contido