Casa-Chalé Gumersindo Parada Justel, 1907

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
  • Arquitectura civil ocio
Chalé Urbano
  • Ecléctico galego
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1907 - 19xx
Parque de San Lázaro (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2017)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

No ano 1907, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez deseña unha casa-chalé por encargo do seu amigo, o veterinario Gumersindo Parada Justel, irmán do recoñecido pintor ourensán Ramón Parada Justel, ubicada no lado norde do céntrico Parque de San Lázaro de Ourense, entón denominado “Campo da Feira”.
Era un edificio de sinxela composición, fachada en pedra do país, de planta baixa e primer piso con bufarda, deseñado específicamente en función das necesidades do cliente, accedíase a través dunhas escaleiras laterais con barandilla situadas no lado dereito do edificio, e no lado esquerdo tiña un pequeno xardín con roseiras brancas e arbores de tamaño considerable.
Dispoñía unha fermosa escaleira interior de madeira deseñada polo arquitecto, que en escala menor, era semellante á da “Casa Junquera” na avenida de Pontevedra, tamén obra de Vázquez-Gulías, e hai constancia da existencia de vidreiras coloridas nos interiores da parte baixa da casa, e as carpinterías de madeira estaban pintadas de cor branco
O deseño orixinal do arquitecto foi modificado na construción final do edificio, engadíndose varios elementos decorativos na fachada que coñecemos por escasas fotografías parciais, pero que foron dabondo pra poder facer unha proposta de restitución virtual en 3D, tendo en conta ademáis de que o edificio estaba agochado visualmente ao estar ubicada xusto detrás da Capela de San Lázaro.
Descoñécese o ano exacto da súa desaparición, pero puido ser entre 1945, ano do falecemento do seu dono, e 1952, data de desmontaxe da Capela.
Fontes: (AMOu;  Museo Etnográfico de Ribadavia;  MUSARq; “Libro dos Amigos”, Ramón Otero Pedrayo; Xornal El Correo Gallego, 1919; Libro “El Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”, Caixa Galicia; – Referencias de Francisco José Parada Justel, neto de Gumersindo P. Justel)
Ir o contido