Centro Infográfico Avanzado de Galicia
Infografías para restituir o pasado e construir o futuro
O Centro Infográfico Avanzado de Galicia xurde en 2012 co propósito de encher o baleiro en canto á virtualización sistemática e posta en valor do patrimonio inmaterial arqueolóxico, arquitectónico etnográfico e antropolóxico de Galicia, dende etapas prehistóricas ata hoxe en día, a través das restitucións hiperrealistas en 3D con parámetros académicos respaldados polo rigor histórico e coa aplicación das derradeiras técnicas infográficas en constante evolución.
Propósitos Específicos
Arquitectura Perdida
restitucións 3D da arquitectura perdida, desvirtuada, inconclusa, e de papel, de toda Galicia, dende a prehistoria ata a actualidade, creando nova memoria visual do patrimonio inmaterial ausente da memoria colectiva galega, usando a linguaxe visual/dixital do século XXI.
asesoramento continuado e revisión especializada dos grupos de investigación histórica das universidades galegas a partir da documentación histórica custodiada en museos e arquivos.
Turismo Cultural e Divulgativo
promoción do turismo cultural e divulgativo, de alto retorno económico, a través das tecnoloxías de gafas de “Realidade Virtual” aplicadas ao patrimonio arquitectónico desaparecido, desvirtuado ou non construído,
creación da imprescindible capa histórica de datos para substentar esta tecnoloxía, impactando na divulgación cultural así como na investigación do patrimonio inmaterial de Galicia.
Convenios de Colaboración
Convenios de colaboración con Universidades de Historia, Arquitectura, Informática, Turismo, así coma outras entidades culturais públicas e privadas de Galicia e particulares, xerando modelos virtuais históricamente fidedignos.
Bases de Datos 3D
Creación dunha continua base de datos 3D de estruturas e obxectos históricos, arqueolóxicos, etnográficos e antropolóxicos relevantes de Galicia, derivando nun reservorio patrimonial inventariable e un repositorio visual necesario para completar as lagoas de determinadas épocas da historia DE GALICIA.
Universalidade no acceso á mesma, tanto por parte de universidades públicas e educación reglada, coma empresas privadas ou investigadores para a aplicación na realización de maquetas físicas en impresión 3D/fresado mecánico, renderizados dixitais, animacións infográficas, documentais, videoxogos, publicacións divulgativas, museísticas, paneis explicativos, vÍdeos promocionais, etc.
Aplicación para metaversos derivados das necesidades tecnolóxicas.
Conferencias e Exposicións
Conferencias especializadas de diverso alcance sobre virtualización patrimonial.
Exposicións periódicas da producción dos proxectos3D de anos anteriores.
Liña Editorial
Liña editorial a partir das restitucións virtuais do CIAG, para publicación dunha colección de libros, en lingua galega, de carácter divulgativo, con predominio visual, do patrimonio histórico de Galicia de tódalas épocas.
Accións Formativas
Organización de accións formativas I+D+I con tecnoloxías punteiras relativas ao mundo 3D, virtualización patrimonial, software, hardware, fluxos de traballo, videoxogos, impresión 3D, etc.., para a favorecer a aparición e consolidación dunha forza laboral de alta especialización.