O primeiro edificio consistorial da cidade de Ourense data de 1519, reformado en 1863 polo mestre arquitecto Francisco de Castro y Canseco.
En 1863, cos novos aires de renovación da burguesía urbana, procédese a colocación dun reloxio transparente e “insonoro” na parte superior do edificio, para o que se engadiron pilastras de 1.5 metros de alto, unha cornisa de soporte, unha barandilla superior e pináculos en pedra das canteiras de Outaríz; máis a vella estrutura do tellado non aguantou co peso, e dez anos despois, na madrugada do 24 de outobro de 1873, produciíuse un derrubo catastrófico cara o interior do edificio, que deu lugar a 2 proxectos alternativos para a reforma da Casa Consistorial, ata chegar á configuración actual edificio do concello de Ourense.
Fontes: (AHPOu, AMOu, “A Casa do Concello de Ourense” (Boletín Auriense – Anexo 34) de Avelino Rodríguez González, Artigo xornal La Regio de 9 Maio de 1979, “La Antigua Casa Consistorial de Ourense”, por M.Blanco Guerra)
