Basílica Prerrománica de Santiago de Compostela, Século IX

restitucion-3D
  • Arquitectura na memoria
  • Restos arquitectónicos
  • Arquitectura relixiosa
Basílica
S. IX
Descoñecido
872 - 997
Praza do Obradoiro
Santiago de Compostela (A Coruña)
Anxo Miján Maroño (2019)
Francisco Prado Vilar (Profesor de Historia da Arte e Investigador)

Nas súas orixes máis primitivas, a Catedral de Santiago de Compostela foi un pequeno mausoleo do século I construído coa finalidade de sepultar os restos do Apóstolo. Durante os primeiros séculos, esta pequena cripta foi frecuentemente visitada por unha pequena comunidade cristiá local.

No ano 813  o rei Afonso II mandou construír unha primeira capela de pedra e barro xunto ao antigo mausoleo. No ano 834, este templo recibiu un “Preceptum” real que o converteu en sé episcopal e lle outorgou poder sobre os territorios próximos.

Ao seu redor, buscando a súa protección, comezaron a instalarse os primeiros poboadores e grupos monásticos de beneditinos encargados da custodia das reliquias. Foron os primeiros pasos da futura cidade de Santiago de Compostela. Co paso do tempo, o número de fieis que visitaban o sepulcro aumentou e a igrexa quedou pequena.

Entre os anos 872 e 899, Afonso III “O Magno” fixo construír un templo de maiores dimensións e calidade artística que o construído por Afonso II. Un século despois, no ano 977, o líder musulmán Almanzor destruíu Santiago -aínda que respectaba a tumba- sabendo que era o centro espiritual do inimigo cristián, incluída esta basílica que sería reconstruída posteriormente.

Fontes:

Ir o contido