O edificio primixenio da Casa Consistorial de Ourense data do ano 1519. Reformado en 1697 por Francisco de Castro en Canseco e posteriomente, en 1863, coa denominada reforma do “reloxio” que derivou no desastroso derrubamento do edificio en 1873, acontecementos que deron lugar á configuración actual do concello.
Así, en 1873, o arquitecto Manuel de Uceda presenta un Proxecto de Reforma integral para unha nova Casa Consistorial, proxecto que recibiu a aprobación da Real Academia de Belas Artes de San Fernando en 1875. A normativa reguladora obrigada a reutilizar a maior cantidade sillería e materais recuperados do edificio derrubado. Durante este período, a Praza Maior pasou a denominarse Praza da República Federal. Finalmente este proxecto de reforma xamáis chegaría a construirse.
