Casa-Chalé de Daniel Rodríguez Castelao, 1935

restitucion-3D
  • Arquitectura non construída
  • Arquitectura civil
Casa / Chalé
  • Rexionalista
S. XX
Manuel Gómez Román
1935
Pontevedra (Pontevedra)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG
Paco Boluda (Ilustrador Arqueolóxico)

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

A finais dos anos 20 e principios dos 30, Galicia experimenta un forte incremento na construción de vivendas residenciais de estilo rexionalista, debido en gran parte á gran aceptación que este estilo tivo entre a burguesía local.

O principal impulsor deste novo estilo rexionalista foi o arquitecto galeguista de natural del Vigo, Manuel Gómez Román, na súa procura dun estilo arquitectónico de raíz galega que quedou plasmada nunha serie de bosquexos de chalés que realizou entre 1927 e 1955.

Entendidos como exercicios teóricos, Gómez Román valíase deles para estudar as tipoloxías tradicionais de vivenda galega e dos pazos e aproveitábaos para realizar homenaxees a intelectuais que admiraba.

Tal é o caso da casa chalé deseñada para o ilustrador e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, unha fermosa vivenda familiar que fai parte do amplo repertorio de arquitecturas imaxinadas por Gómez Román.

Fontes: (Fundación Penzol – Blog “Arquitectura y Urbanismo de Vigo”- Libro “Manuel Gómez Román: mestre da arquitectura galeguista”, Vigo, Ed. Xerais, Xaime Garrido Iglesias e Xosé Ramón Iglesias Veiga, 1995 – Libro “Manuel Gómez Román”, AAVV. 2006, Deputación de Pontevedra)

 

Ir o contido