A Porta da Aira era unha das 13 portas da cidade de Ourense da Idade Media e a única porta da que perduran documentación gráfica e restos físicos relevantes; construída na orde toscana, estaba situada ao comenzo da rúa Xulio Prieto Nespereira e foi documentada por primeira vez no ano 1388, onde se recibían aos que entraban en Ourense dende o camiño de Castela, ainda que a mención máis antiga sobre as portas da cidade figura nun “privilexio” concedido á cidade de Ourense por Fernando IV do ano 1310.
En 1385, o Duque de Lancaster invade Galicia, e o bispo Pascual ordea a construción dun muro de protección formado polas partes traseiras das casas e as partes máis pequenas eran pechadas por tapias. Esta porta será un dos elementos de protección da cidade xunto coas fortalezas da Catedral e os Pazos do Bispo, así como varias torres defensivas no interior (a de Sta. María, a dos Brancos e a do Curral), pero o común das vivendas estaba desprotexido.
A porta orixinaria era moi estreita e tiña 2 torreóns, un a cada lado, e dado o seu mal estado, no ano 1616 encoméndase a reforma ao mestre canteiro Antonio Martínez D´Araque, que non foi rematada ata outubro de 1617, ademáis de posteriores reparacións ata o ano 1621. A porta foi finalmente derrubada no ano 1837, cando se dispuxo a demolición xunto coa Porta da Burga e a da Horta do Concello, por razóns de salubridade pública.
Fontes: (“Intervenciones recientes en Porta da Aira – Controles arqueoloxicos de 2001 e 2004”, José María Eguileta Franco (Dialnet); “Torres, Portas e Cerca da Cidade de Ourense”. Boletín Auriense. Olga Gallego Dominguez; De guardia con la Junta de Sanidad en la “Porta da Aira” (Ourense, 1804)
Dereitos e propiedade intelectual protexidos por <SafeCreative>. Prohíbese a reprodución total ou parcial, impresión, alteración e procesamento con IAs xenerativas, salvo autorización expresa do autor/es, en previsión das posibles responsabilidades legais.