Casa Taboada, 1918

restitucion-3D
  • Arquitectura conservada
  • Arquitectura desvirtuada
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Modernismo ecléctico galego
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1918
Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2015)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

A construción deste fermoso inmoble comezou no ano 1918, converténdose na obra cume e no edificio máis representativo do modernismo na cidade de Ourense, e dende as súas orixes, foi denominado como “Edificio Taboada”.
No ano 1935 instalouse na planta baixa unha farmacia, propiedade de Josefa Taboada Allú, aínda que outras fontes asignan a propiedade á familia Anta, xa que Alejandro Anta Nóvoa, foi quen solicitou a licenza municipal o 19 de novembro de 1918.
O bosquexo xa se reflicte como unha xoia que anticipa o potencial do proxecto inicial do arquitecto Daniel Vázquez-Gulias Martínez, encargado de realizar a maioría das emblemáticas construccións de comezos do século XX en Ourense.

Mª. Vitoria Carballo-Calero, no seu libro “La transformación de una ciudad…“, afirma que o proxecto orixinal está “desaparecido” e que Daniel Vázquez-Gulías logra unha arquitectura moi persoal, ás veces dunha elegancia sofisticada, na que xunto a un tradicional repertorio de flores, guirnaldas, diademas e cabezas fimininas (aos que aplica un tono vanguardista), teñen cabida forxas de Malingre (artesano do ferro da época), vidros, cerámicas, miradores acristalados e volúmenes construídos soltos en galería, como elementos dinamizadores. Algunhas soluccións de síntese entre construcción e ornamento resultan realmente novedosas”. Tamén afirma que sen dúbida neste edificio achégase a unha “concepción gaudiana do modernismo” (en referencia ao arquitecto Antonio Gaudí).

Fernando González Suárez, escribe sobre os edificios modernistas de Ourense e concretamente fala con amargura e desacougo acerca da inexplicable demolición da cúpula en forma de torreciña en azulexo de cores que remataba a estrutura deste edificio, co fin de poñer uns horribles engadidos traseiros. O seu estado actual é pésimo, ainda que recuperable.

Fontes: (“Momentos estelares na transformación dunha cidade, Ourense, 1880-1936”, De Vázquez-Gulías a Conde Fidalgo, María Victoria Carballo-Calero Ramos ; xornal “La Región” ; Vázquez-Gulías (fillo ilustre de Beariz). Publicado en “O Quince” ,1996 ,Enrique Bande Rodríguez.

 

Ir o contido