Edificio Antonio Álvarez, 1917

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Art Nouveau
  • Modernismo ecléctico galego
XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1917 - 1991
Antiga Rúa do Hospicio, actual Rúa de Buenos Aires
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2015)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

No ano 1917, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías proxecta unha ampliación por encargo de D. Antonio Álvarez para reformar unha casa situada na antiga Rúa do Hospicio, a carón da Praza das Mercedes, actualmente a Rúa de Buenos Aires, na cidade de Ourense.

Sobre unha sinxela vivenda de baixo e piso, de tres ocos en fachada, proxecta dous plantas repetindo os ocos laterais cun arco en lugar de dintel transformando todos en balcóns, e deseña unha singular galería de madeira cun airoso remate que abarca as duas prantas no oco central, en cuxa execución terá ocasión de amosar a súa mestría o carpiteiro ourensán Eugerio Lorenzo Vidal, que xa está encargado para facer a obra cando Gulías proxecta a ampliación. Remata a fachada con un parapeto de xarrón a ambolos dous lados. O deseño da galería verase mellorado gañando en lixeireza e proporción.

A vivenda ten  planta baixa e tres pisos, con balcóns de fundición e remate en terraza con balaustrada. Nos extremos, dous elementos decorativos sobre orlo entre pináculos e xarróns, prolonga as líneas verticais que, en resalte, deixan nun plano lixeiramente refundido toda a fachada, na que sobresae un elemento debuxado con especial esmero polo arquitecto: unha galería de madeira que no debuxo do alzado aglutinaba as plantas segunda e terceira.

Esta galería adapta a súa estructura ás formas onduladas do Art Nouveau e ofrece nos seus distintos corpos barandillas de fundición como nos balcóns do resto da fachada. Ainda que no debuxo de alzado finaliza á altura da balaustrada, en realidade alzouse un corpo máis que veu a actuar como remata do inmoble.

No ano 1991, esta casa foi derruída para construir edificios de vivendas, desaparecendo así un dos mellores e máis interesantes exemplos da arquitectura local  que máis se aproximou á concepción modernista en Ourense.

Fontes: (AMOu;  AHPOu;  Libro: “La transformación de una ciudad”, Mª Victoria Carballo-Calero; Libro “El arquitecto Daniel Vázquez-Gulías” )

Ir o contido