O artesán helvético Otto Bodmer afincouse na cidade e instalou a “Reloxería Suiza” na rúa Pereira nº 4, actual Avenida de Pontevedra, onde tiña ubicado o seu taller artesanal e o seu punto de venda cara ao público.
Bodmer adicábase maiormente á fabricación artesanal de reloxios baixo patente propia, tanto de bolsillo como de parede, así como a súa reparación e mantemento, ademáis de artigos típicos de reloxería das mellores marcas europeas, productos optométricos, de platería e xoiería.
No ano 1925 comezou o derrubamento do edificio do século XIX que albergaba a Reloxería Suiza, polo que en febreiro 1923, presentou instancia no concello solicitando licenza municipal para trasladar o seu negocio á Rúa do Instituto nº 42, actual Rúa Lamas Carvajal, propiedade e vivenda habitual do Sr. Bodmer en Ourense, recaendo o encargo deste traballo no arquitecto municipal Daniel Vázquez-Gulías. O proxecto foi autorizado en agosto de 1923, máis non existen documentos fotográficos nin planimétricos que amosen o aspecto da nova fachada Reloxería Suiza.
Fontes: ( AMOu, AHPOu, Libro “O Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”.)
