Proxecto da Praza de Touros da Carballeira, 1945

restitucion-3D
  • Arquitectura non construída
  • Arquitectura civil ocio
Praza taurina
  • Rexionalista
XX
Descoñecido
1945
Rúa Marcelo Macías, Barrio da A Carballeira
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2020)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

O Anteproxecto de Ordenación Xeral de Ourense incluía unha monumental Praza de Touros para a cidade de Ourense, nas proximidades da antiga estrada a Portugal, actual Rúa Marcelo Macías.

O deseño abandoa as tradicionais prazas circulares e adopta a forma dun pentadecágono irregular, sendo o frontal é lixeiramente máis curto que os 14 restantes, e flanqueado por dúas torres simétricas.

O estilo constructivo ten un encadre dentro do estilo rexionalista galego, ainda que con matices. O edificio tería un diámetro de 91 metros, e estaría situado no medio dunha praza nivelada de 155m de longo, con dúas grandes escaleiras frontais de acceso e un acceso lateral para vehículos. O interior da praza tería un área central de 50 metros de diámetro.

A noticia da construcción dunha nova praza de touros tivo moita repercusión nos xornais, sendo o emplazamento máis probable nun terreo bastante grande que se chamaba a “Finca do Feijoo”, no que había un aserradero de madeira. O propietario do mesmo, Secundino Feijoo, empresario que se adicou negocio dos espectáculos circenses ambulantes, mercoulle este terreo ao Marqués de Riestra, Ignacio Riestra Calderón, no entorno da actual Rúa de Marcelo Macías.

Non se coñece con certeza a causa real pola que xamáis chegou a construirse.

Fontes: (Arquivo Municipal de Ourense.)

Ir o contido