Círculo Católico de Obreiros de Ourense, 1905

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Neoclasicismo ecléctico
XX
Daniel Vázquez-Gulías
1905 - 1966
Rúa do Paseo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2012)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Este proxecto que Daniel Vázquez-Gulías Martínez aborda en 1905 como arquitecto diocesano, débese á iniciativa do bispo Pascual Carrascosa, que encargou á xunta directiva da Sociedade Católica de Obreiros en 1903, pouco antes da súa muerte, a construcción a expensas do capital da Mitra dun edificio destinado á mencionada asociación.

Emplázase a carón do refuxio de sacerdotes xubilados dos Irmáns Maristas, hoxe delegación de Defensa, na antiga rúa Rúa Vicente Pérez  e actual Rúa do Paseo, nas inmediacións do antigo Campo da feira, hoxe Parque de San Lázaro.

É un edificio sinxelo e sobrio cunha fachada horizontal, simétrica ó eixe central, como corresponde á súa función, no que adquire significancia exterior o seu acceso mediante un pórtico de dúas columnas de capiteles xónicos alzadas sobre un plinton entre dúas pilastras dóricas, e que sosteñen un entablamento e frontón curvo, flanqueado por dous grifos en oposición. Un xarrón decorativo coroa o frontón. Prescíndese de toda connotación relixiosa ou eclesiástica e, de feito, para competir con outras asociacións gremiais ou sociais, o arquitecto deseña intencionadamente unha especie de templo laico que recorda aos das asociacións filantrópicas. Coa obra en construcción, deseña o cierre da finca con coidados detalles de labra nas columnas que flanquean a entrada e fina reixería na verxa, as portas e os remates das columnas.

Fontes:( AMOu; “La transformación de una ciudad”, Victoria Carballo-Calero ; “O arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”, Caixa Galicia)

 

Ir o contido