Casa Madagán, Reforma de 1940

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura residencial
Edificio urbano
  • Art Nouveau
  • Eclecticismo
  • Modernismo
S. XX
Eloy Maquieira Fernández
1940 - 1978
Rúa Bispo Aguirre nº4
Lugo (Lugo)
Carlos Paz de Lorenzo (2021)
Estefanía López Salas (Profesora Titular de Universidade, Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña)

Facultade de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

A Casa Magadán, proxectada por Leoncio Bescansa en 1909 (Ver https://ciagalicia.com/proxectos/casa-madagan-quintela-1909/), experimentou unha importante transformación en 1940, data da apertura dun expediente de solicitude de licenza ao Concello de Lugo para a súa reforma e ampliación por parte do propietario da vivenda nese año, o doutor Casto González Méndez, a solicitude estaba acompañada do correspondente proxecto, redactado polo arquitecto Eloy Maquiera Fernández, para dar resposta ás necesidades do novo propietario que quería instalar nesta vivenda non só a súa residencia familiar senón tamén un sanatorio.
Con esa finalidade, o proxecto incluía dous traballos principais: a redistribución dos espazos interiores e o aumento dunha planta. Sabemos que o novo sanatorio estaba en funcionamento xa en xaneiro de 1942, baixo o nome de Sanatorio de Santa Cristina, se ben apenas estivo aberto ata xullo de 1944, por mor do falecemento do seu propietario. Despois de ser vivenda e sanatorio, a Casa Magadán foi sede da comisaría de Lugo, antes de que tivese lugar a súa demolición nos anos 70 do século XX, a pesar de ser un dos edificios significativos da cidade de Lugo que o plan parcial para a zona vella, redactado polos arquitectos Efrén e José María García Fernández, intentou evitar.
Fonte: López Salas, Estefanía (2023). “Casa Magadán Quintela, nº 4 de la calle Obispo Aguirre (Lugo), 1978”. En: Sánchez García, Jesús Ángel et al. (ed.). Arquitecturas añoradas: memoria gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX. Gijón: Editorial Trea, pp. 643-666.

 

 

Ir o contido