Fonda Cuanda, 1871

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
S. XIX-XX
Descoñecido
1871 - 1914
Antiga estrada Villacastín-Vigo, actual Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG
Paco Boluda (Ilustrador)

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

A estrada Villacastín-Vigo, hoxe rúa Progreso, foi proxectada en 1803 e o edificio que albergou o negocio chamado “Fonda Cuanda”, de arquitecto descoñecido, comezou a dar servizo a cidade en 1871 e estivo rexentada por Xosé Cuanda Cruz.

Tiña unha fachada de 35.30 metros de lonxitude levantada con sillería regular, carpinterías de madeira, forxados de pisos en ferro e madeira, unha pranta baixa cunha gran porta principal central, un vestíbulo con escaleira imperial pola que se accedía á primeira planta, e que dispoñía dun total de 1234.60 m2 de superfie cuberta e 2.159 m2. de descuberta, con zonas de horta,  galiñeiro, cuadras, lavadeiro, e dispoñía de servizos coma auga corrente, baños, timbres de chamada, teféfono, pararraios, cociña, pensión, cocheiras, etc.

Posteriormente, a Fonda Cuanda pasou a chamarse “Hotel de Roma”, e había un contínuo ir e vir de vehículos de tracción animal, tirados por cabalos, os chamados “Rippers“, para levar e traer aos clientes, equipaxes e mercadorías, que viñan en tren dende a Estación de Ferrocarril de Canedo. Hai referencias de clientes ilustres desa época fixeron pensión no edificio, como Emilio Castelar ou Sagasta…, e co paso do tempo, este negocio de hostelería foise convertendo nun lugar de encontro e de referencia cultural, politica e económica a principios de século XX.

En 1914, e sobre a base deste edificio, levaríase a cabo unha reforma monumental a cargo do arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez, imprimíndolle 4 alturas máis, unha gran cúpula central, pasando a chamarse dende entón, o “Gran Hotel  Roma”, dominando o skyline da cidade, ata a súa desaparición na década de 1970.

Fontes : (APHOu – AMOu – Arquivo COTOP) , Libro “Alcumes” de Ben-Cho-Sey – Fotografía Histórica:  Pacheco, Ferrer)

Ir o contido