En 1856, o burgalés Wencelao Gaviña y Baquero, arquitecto especializado na construción de cemiterios, panteóns, vivendas e residencias señoriais para a aristocracia e laalta burguesía do Madrid da época isabelina, firmaba un proxecto de praza de touros para a cidade de Ourense, un deseño sobrio e funcional no que propuxo o uso de soportes de ferro fundido para soster a cuberta da andanada, material que se empregada habitualmente nas galerías dos nichos nos camposantos.
Descoñécense as circunstancias que rodearon ao proxecto e as razóns polas que non chegou a construirse, se foi un encargo ou se foi unha proposta do propio arquitecto para dotar á cidade deste tipo de infraestrutura para actividades taurinas.
Cabe destacar que os planos estaban escalados no sistema de medidas con “pés casteláns”, así coma a excepcional calidade técnica e artística da planimetría aportada.
Fontes: (Biblioteca Marcos Valcárcel Ourense, Archivo da Real Academia de San Fernando)
