En 1925, o arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez deseña un chalé para vivenda famliar nas aforas da cidade de Ourense, nun lugar elevado e cun terreo circundante de acusada pendente e con vistas á cidade, no entorno da antiga estrada de Trives, hoxe Avenida de Buenos Aires.
Realiza 3 bocetos previos que son mostra do seu eclecticismo e liberdade creativa, botando man de calquera recurso estilístico e construtivo, cun marcado gusto burgués, e que tamén respondía ás necesidades da familia Gulías.
Chama especialmente a atención, o uso de “almeas” tan típicas dos castelos medievais, iguais ás empregadas noutros edifcios obra do arquitecto, coma o colexio “Santo Ángel”, en o Couto, e o “Antigo Cuartel da Garda Civil”, construído xusto por debaixo do chalé.
Este singular edificio sufríu reformas posteriores que eliminaron o seu valor patrimonial.
Fontes: (AMOU – Libro “El Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías” – Xornal “La Región”, Sección Hª 4 Tiempos)
