Casa do Pobo de Ourense, 1913

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Modernismo ecléctico galego
XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1914 - 1970
Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2015)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Fermoso edificio deseñado en 1913 polo arquitecto ourensánDaniel Vázquez-Gulías Martínez a instancias da Sociedade Obreira de Ourense. As obras comezaron en 1914 e non remataron ata 1929. En 1931 un forte temporal derrubou parte do mesmo, sendo precisas obras de reparación.

O proxecto estivo inspirado noutras Casas do Pobo, especialmente a de Vigo, pero cun marcado estilo modernista ecléctico, tan propio deste arquitecto. Tiña semisótano e dúas prantas,  cunha elaborada fachada de tres corpos separador por catro pilastras, un balcón no corpo central, e rematada cun frontón con simboloxía republicana e co nome do edificio en disposición de semiarco.

Foi unha construción significativa que dispoñía de salón, oficiñas, sala de reunións, biblioteca e aulas onde se impartían cursos, facíanse reunións obreiras, actos culturais, e organizábanse as folgas e manifestacións no periodo anterior a 1936

Tras o golpe de estado fascista, o edificio foi incautado, e o símbolo central republicano e as letras do frontón da fachada foron mutiladas, en sintonía co mesmo destino represivo que sufriron a maioría das Casas do Pobo en todo o estado. O seu uso posterior durante a dictadura foi limitado a actividades menores ata a súa demolición a principios da década de 1970.

Fontes: (AMOu – Xornal “La Región” de Ourense – Libro “El Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías” Edit. Edilesa 1998 – Revista “El Pueblo Gallego”, 1929.)

Ir o contido