Centro
Infográfico
Avanzado
de Galicia
O Centro Infográfico Avanzado de Galicia somos unha agrupación de artistas dixitais galegos especializados na restitución virtual en 3D de espazos históricos de Galicia, dende a prehistoria ata a idade moderna, sexa arquitetura desaparecida, desvirtuada co paso do tempo, inconclusa polas vicisitudes históricas ou a imaxinada e deseñada sobre o papel, pero xamáis construída.
En colaboración simbiótica con investigadores/as do patrimonio e departamentos académicos das Universidades Galegas, que nos aportan asesoría especializada, revisión contínua e transferencia de coñecementos, os nosos traballos de virtualización adquiren o rigor histórico necesario para a correcta divulgación do inxente patrimonio de Galicia…
A constante evolución das tecnoloxías de visualización 3D e o gran potencial no ámbito académico, cultural, educación, turismo, arqueoloxía, audiovisual, museístico e divulgativo, fan que os nosos traballos desperten especial interese e aceptación na sociedade galega…
Contacta con nosotros
Puedes ponerte en contacto con notros en el teléfono +034 613109031, en el correo ciagaliza@gmail.com o a través del siguiente formulario. Te responderemos a la mayor brevedad posible.