Ubicación: Vila Vella de Portomarín, Portomarín (Lugo)
Equipo de virtualizacion: Anxo Miján Maroño, Carlos Paz de Lorenzo, Manuel García Ávila, Andrés Armesto Cortiña, Alejandro Soriano Martínez, Alexandre González Rivas.
Documentación e revisión histórico-artística: Julio Vázquez Castro e Jesús Ángel Sánchez García, Profesores do Departamento de Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela) e integrantes do Grupo de Investigación IDEAHS (https://www.ideahs.es) e do Instituto de Humanidades (iHUS) da USC
Financiación: Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (Proxecto Galiverso), College of Willian & Mary (Williamsburg, Virginia, EEUU)
A vila de Portomarín tiña unha orixe medieval e unha estrutura urbana constituída por dous barrios, o de San Pedro e o de San Xoán, situados a ambos lados das ribeiras do río Miño. En 1946 foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. En 1956 se inician as obras do embalse de Belesar, e quedou asolagada en 1963.
A virtualización corresponde aos anos 50 e 60 do século XX, época da que existe abundante documentación gráfica, acadando o Premio Humanidades Digitales Hispánicas de 2024, como a “Mellor ferramenta, recurso, infraestrutura desenvolvida en 2023“, e no ano 2025 foi seleccionada dentro do programa marco de Europeana e o programa europeo de subvencións “Data Sinergy“, para formar parte do “3DBigSpace Project”, coordinado pola Time Machine Organisation (TMO).
