O arquitecto galego Antonio Palacios Ramilo deseña unha cidade incrible para Vigo nun elegante estilo Art Decó monumental, cunha gran avenida desde o Castro ata o mar, imaxinándoa coma a sede do futuro goberno galego, nunha Galicia que pivotaría entre Coruña e Vilagarcía.
En 1908 presentou por primeira vez os seus proxectos sobre a urbanización de Vigo a un grupo de vigueses que querían celebrar a “Exposición das Industrias do Mar”. En 1919 Palacios rematou o seu primeiro estudo sobre a urbanización da cidade e presentouno os días 13 e 16 de setembro dese mesmo ano, dentro dun ciclo de conferencias organizado pola sociedade “La Oliva”.
O Plan Palacios diferenciaba varias zonas da cidade, cada unha cunha función propia. A zona industrial, a zona portuaria, a zona pesqueira e finalmente a zona balnearia, máis Palacios puxo o foco na zona “administrativa” que tiña unha gran avenida que baixaba desde a acrópole no alto da montaña, ata a estación marítima, formando a “Vía Atlántica”, con cen metros de ancho con grandes edificios e un Casino de verán. Ademáis contempla, no límite da cidade, unha estación de ferrocarril cunha líña subterránea, que partindo da estación de Urzáiz, atravesaría o monte do Castro en dirección á praia. Entre o Castro e Samil estaría o hipódromo. que estruturaría todo o centro de Vigo e que contaría con grandes edificios oficiais, entre eles o “Pazo Municipal” á altura do castelo de San Sebastián e o “Pazo Rexional” no alto do Castro. Esta gran avenida estaría flanqueada por magníficos edificios administrativos onde se xestionarían asuntos como as finanzas, a sanidade, a xustiza ou a cultura.
Antonio Palacios ademáis plantexou outras zonas con fins definidos, como a zona universitaria, a zona médico-sanitaria, a zona ferroviaria, a zona forestal, a zona militar, a zona de vivendas económicas e a zona de espazos libres.
O proxecto tivo unha gran acollida na cidade e Jaime Solá, director da revista “Vida Gallega”, foi o encargado de dalo a coñecer. O 1 de decembro de 1932, Palacios asina o proxecto definitivo que aproba a alcaldía o 26 de xaneiro de 1934, máis o Plan Palacios sería descartado finalmente en febreiro de 1937.
