Daniel Vázquez Gulías Martínez foi o arquitecto que en 1896 deseñou o Gran Hotel Balneario de A Toxa, gañando un concurso público internacional convocado en 1899, fronte ás propostas presentadas por dous profesionais franceses e alemáns. Formado no eclecticismo e con gran coñecemento da arquitectura europea grazas ás súas viaxes ; este edificio amosa a asimilación da elegante arquitectura francesa de finais do século XIX, tomando como referencia os casinos e especialmente a obra de Charles Garnier.
O Hotel Balneario de A Toxa inaugurouse en 1907, baseado nos balnearios europeos desa época como o de Marienbad na República Checa, e a edificación sitúase á vangarda de Europa marcando un antes e un despóis polos materiais empregados, xa que foi a primeira vez que se utilizaba formigón armado pra construir en Galicia.
Construíronse 2 pavillóns, un para estancia hoteleira e outro para comedor e casino, conectados entre sí por unha longa galería acristalada. A decoración interior tiña frescos nos salóns e nas escaleiras.
Fontes: ( Libro “O Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”, Edit. CaixaGalicia ; SÁNCHEZ GARCÍA, Jesús Ángel, Julio VÁZQUEZ CASTRO, Alfredo VIGO TRASANCOS (eds.) e Juan David DÍAZ LÓPEZ (coord.) (2023). Arquitecturas añoradas. Memoria gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX. Gijón: Ediciones Trea.)
