Gran Hotel Balneario de A Toxa, 1907

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Restos arquitectónicos
  • Arquitectura civil
  • Conxunto arquitectónico
Hotel-Balneario
  • Ecléctico galego
  • Modernista
  • Rexionalista
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1903 - 1945
Illa de A Toxa
O Grove (Pontevedra)
Carlos Paz de Lorenzo (2022)
Anxo Miján Maroño (2022)
Alexandre González Rivas (2023)
Jesús Ángel Sánchez García (Catedrático de Historia da Arte na facultade de Xeografía e Historia da USC)

Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. “Memoria del Patrimonio arquitectónico desaparecido en Galicia. El siglo XX” (MEGAPAL) PID2019-105009GB-I00, Programa Generación de
Conocimiento, Ministerio de Ciencia e Innovación (2020-2022), USC-IDEAHS”.

Daniel Vázquez Gulías Martínez foi o arquitecto que en 1896 deseñou o Gran Hotel Balneario de A Toxa, gañando un concurso público internacional convocado en 1899, fronte ás propostas presentadas por dous profesionais franceses e alemáns. Formado no eclecticismo e con gran coñecemento da arquitectura europea grazas ás súas viaxes ; este edificio amosa a asimilación da elegante arquitectura francesa de finais do século XIX, tomando como referencia os casinos e especialmente a obra de Charles Garnier.

O Hotel Balneario de A Toxa inaugurouse en 1907, baseado nos balnearios europeos desa época como o de Marienbad na República Checa, e a edificación sitúase á vangarda de Europa marcando un antes e un despóis polos materiais empregados, xa que foi a primeira vez que se utilizaba formigón armado pra construir en Galicia.

Construíronse dous pavillóns, un para estancia hoteleira e outro para comedor e casino, conectados entre sí por unha galería acristalada. A decoración interior tiña frescos nos salóns e nas escaleiras e o hotel acadou sona entre as clases altas de Galicia e mesmo entre a corte de Madrid.

Durante o periodo da Guerra Civil, o Gran Hotel víuse obrigado a relegar as súas finalidade como hotel balneario pra exercer funcións hospitalarias, e xa na postguerra funcionou como sanatorio para a recuperación de feridos e convalecentes.

En 1945 foron derrubadas as torres e reformouse o edificio case totalmente. Consérvase a escaleira e as xanelas teñen reminiscencias dos tempos anteriores. Os cuartos foron renovados, mais mantendo a escaleira imperial, os mobles antigos, as columnas, mais o resto é novo.

Fontes: (Libro “O Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías”, Edit. CaixaGalicia ; SÁNCHEZ GARCÍA, Jesús Ángel, Julio VÁZQUEZ CASTRO, Alfredo VIGO TRASANCOS (eds.) e Juan David DÍAZ LÓPEZ (coord.) (2023). Arquitecturas añoradas. Memoria gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX. Gijón: Ediciones Trea.

Ir o contido