Hotel Atlantic de A Coruña, 1923

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Hotel
  • Modernismo ecléctico galego
XX
Luciano Delage Villegas
1923 - 1967
Xardíns Méndez Núñez
A Coruña (A Coruña)
Anxo Miján Maroño (2022)
Carlos Paz de Lorenzo (2022)
Pedro de Llano Neira (Profesor de Historia da Arte, Investigador e Comisario de Exposicións)

Facultade de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Este edficio foi construído tras a demolición do Salón Cinema Coruña, desmantelado por completo en 1919. Concibido nun primeiro momento coma un establecemento hostaleiro, o encargo foi proposto a varios arquitectos. En xaneiro de 1919, o arquitecto Leoncio Bescansa fixo unha proposta. En decembro do mesmo ano, Antonio Mesa realiza outro proxecto que foi ampliado, producindo unha terceira proposta en agosto de 1920. Ambos foron rexeitados polas autoridades municipais, que non os consideraron axeitados para o lugar. O proxecto foi encargado ao arquitecto madrileño Luciano Delage y Villegas, quen presentou a súa proposta en febreiro de 1920, inaugurándose en xullo de 1923.

O estilo do hotel responde a un modernismo ecléctico, propio de finais dos anos 20. A súa linguaxe é propia da arquitectura da época, quizais máis ornamentada que outras obras locais, proponse unha lectura exclusivamente estética, dando paso ao puro funcionalismo.

Durante a guerra civil de 1936, o hotel foi nacionalizado e as súas participacións pasaron a outras mans, chegando a ser propiedade municipal, quen decidiu que operaría en réxime de concesión á antiga Sociedade Parisiana S.A, con Julio Wonenburger como principal accionista. Na década de 1940 e por un decreto de castelanización de nomes, o Hotel Atlantic pasou a chamarse Hotel Atlántico.

Nos anos 60, a pesar dos novos e elegantes hoteis, como o Embajador, Finisterre e Riazor, comeza a dicirse que o Atlántico, a pesar da súa beleza arquitectónica, non era apto para o crecente turismo coruñés, e finalmente, en 1967 o edificio foi derrubado para construir un novo establecemento hoteleiro.

Fontes: ( Xornal “La Voz de Galicia” – Xornal Dixital “El Español” –  Libro “Arquitecturas añoradas: memoria gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX”, 2023)

Ir o contido