Antigo Peirao da Ponte Nova, Betanzos, 1900

restitucion-3D
  • Arquitectura desvirtuada
  • Arquitectura civil
  • Conxunto arquitectónico
Peirao
  • Arquitectura tradicional galega
  • Tradicional galego
S. XIX-XX
1900
Ponte Nova
Betanzos (A Coruña)
Carlos Paz de Lorenzo (2022)
Daniel Lucas Teijeiro Mosquera (Docente e Investigador de Historia da Arte, da USC)

Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. “Memoria del Patrimonio arquitectónico desaparecido en Galicia. El siglo XX” (MEGAPAL) PID2019-105009GB-I00, Programa Generación de
Conocimiento, Ministerio de Ciencia e Innovación (2020-2022), USC-IDEAHS”.

Betanzos medrou como cidade fortificada rodeada polos ríos Mandeo e Mendo, sobre os que se construíron as respectivas pontes, a nova e a vella, e ás beiras deste último esta o antigo Peirao, un antigo emprazamento de mariñeiros e labregos que deixou de existir no século XX.

Deste xeito, os peiraos en Betanzos tiveron unha gran relevancia económica, razón pola que a historiografía decimonómica denomináron aos habitantes coma os “Xenoveses de Galicia”, e toda esa zona de ribeira apenas sufriu cambios ata finais do século XIX.

As casas do Peirao eran medianeiras na súa maioría, co que a fachada ao río era a única zona con iluminación e ventilación, tiñan 2 ou 3 alturas, e os pisos se sostiñan con lousas de pizarra e remataban nun faiado con buhardilla. A medida da construcción tiña como base a lonxitude dos remos usados polos mariñeiros, eran estreitas, duns 5,5 metros de ancho e unha profundidade de 15 metros.

Tiñan soportais adintelados con mampostería de pizarra, reservando o granito fino para as zonas máis nobres. Practicamente tódolos pisos superiores contaban con balcóns de madeira de castaño, construidos seguindo a simetría cos ocos rasgados nos muros, e que se apoiaban sobre ménsulas de cantería e os máis humildes sobre vigas de madeiras.

Ao longo do século XX, e sobre todo a partir dos anos 50, as reformas e construccións sobre os edificios do Peirao, foron desdibuxando e desvirtuando por completo este conxunto arquitectónico tan especial.

Pola súa aportación á definición da arquitectura popular mariñeira, a súa puxanza económica e a súa implicación nas transformaións xeolóxicas da ría de Betanzos, a evolución urbana do Peirao é un dos episodios aniquilados que merece recuperarse do esquecemento.

Fontes: (SÁNCHEZ GARCÍA, Jesús Ángel, Julio VÁZQUEZ CASTRO, Alfredo VIGO TRASANCOS (eds.) e Juan David DÍAZ LÓPEZ (coord.) (2023). Arquitecturas añoradas. Memoria gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX. Gijón: Ediciones Trea.)

Ir o contido