Ponte do Burgo, 1669

restitucion-3D
  • Arquitectura na memoria
  • Arquitectura civil
  • Conxunto arquitectónico
Ponte
  • Medieval galego
S. XVII
1669
Barrio do Burgo
Pontevedra (Pontevedra)
Carlos Paz de Lorenzo (2018)
Miguel Ángel Cajigal Vera (Profesor, Historiador del Arte e Arquitectura e Divulgador Cultural)
Paco Boluda (Divulgador e Ilustrador Arqueolóxico)

Facultade de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

No ano 1669, o arquitecto e pintor barroco italiano Piero María Baldi, iniciou unha viaxe por Europa realizando un conxunto de debuxos e panorámicas detalladas, case fotográficas, das cidades e lugares por onde pasou.

Deste xeito, Baldi detalla pormenorizadamente a Pontevedra do século XVI e o entorno do río Lérez, a súa muralla defensiva, a torre e o cárcere arzobispal, o peirao, a porta de entrada fortificada con dúas torres coa bóveda medio caída, cos escudos de armas, e a cidade medieval de fondo; documento principal usado nesta restitución virtual.

A orixe da cidade e da ponte do Burgo remóntase ao ano 1165, cando Afonso I de Portugal e Fernando II de León firman a “Paz do Lérez”.

A construción da ponte orixinal iniciouse no século XII, máis entre 1399 e 1491 hai datos históricos que indican que ainda estaba sen rematar, en 1494 hai referencias da construción dun peirao. En 1535 fálase da Torre da Ponte ou “Torre del Concejo”, ainda que todo indica que a súa construcción sería do século anterior.

Ao longo do paso dos séculos tanto a ponte como o seu entorno aculumaron innumerables cambios, modificacións, reformas, amplacións, riadas, e demáis vicisitudes históricas que afectaron á evolución deste conxunto arquectónico.

A Ponte do Burgo posiblemente sexa a ponte medieval máis relevante de Galicia dende o punto de vista histórico. Ainda que hoxe en día está moi desvirtuado pola evolución constructiva da cidade, coa perda das portas e a súa faciana medieval, preserva total operatividade dos seus elementos sustentadores e cumple perfetamente a función para a que foi construída.

Fonte: (Libro “Arquitecturas Desvanecidas”, Editorial Abada, 2019; Biblioteca Mediceo Laurenciana de Florencia)

Ir o contido