Gran Hotel Roma, 1914

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Hotel
  • Modernismo ecléctico galego
  • Modernista estilo parisino
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1914 - 1970
Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Diego Blanco Urbano (2012)
Carlos Paz de Lorenzo (2012)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

NOMA ESTUDIO

O hotel que definiu unha época de glamour ourensán . Este edificio comezou sendo orixinalmente unha fonda, a Fonda de Cuanda (Fonda Cuanda, 1871 – Centro Infográfico Avanzado de Galicia), dunha sóa pranta. A principios de século XX o seu propietario, José Cuanda Cruz, endebédase e perde a propiedade, pasando o inmoble ás mans de Emilio García, que o rebautiza como Hotel Roma, e con posterioridade, xa en 1914, encárgalle a reforma integral ao arquitecto ourensán, Daniel Vázquez-Gulías Martínez, seguindo o estilo arquitectónico predominante da época: o modernismo.

Tras a finalización da reforma e inauguración, o negocio hoteleiro pasou a chamarse Gran Hotel Roma, nome co que perviviría ata a súa desaparición. Nesta reforma engadírose tres plantas e unha cúpula central de estilo parisino, un elemento claramente diferenciador que o faría visible dende case toda a cidade, ademáis dunha fermosa escaleira imperial (Escaleira Imperial do Hotel Roma, 1914 – Centro Infográfico Avanzado de Galicia) no hall principal que centralizaba a distribución de accesos cara as distintas dependencias do hotel. En 1927, abre a súa cafetería, situada no lateral dereito da pranta baixa da fachada, converténdose nun lugar neurálxico e emblemático na sociedade ourensá daquela época.

A partir dos anos 30, o hotel viviu un periodo dourado ata o seu peche, na década de 1960.

En 1970 foi finalmente derrubado para construir un edificio de vivendas, e na súa pranta baixa instaláronse as actuais Galerías Roma.

Fontes: (AMOu, AHPOu, Xornal La Region, Libro “El arquitecto Daniel Vázquez-Gulias”)

Dereitos e propiedade intelectual protexidos por <SafeCreative>. Prohíbese a reprodución total ou parcial, impresión, alteración e procesamento con IAs xenerativas, salvo autorización expresa do autor/es, en previsión das posibles responsabilidades legais.

Ir o contido