Hospital de San Roque, 1561

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
  • Arquitectura relixiosa
Hospital
S. XVI-XX
1561 - 1927
Rúa Progreso, Alameda do Concello
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2013)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia)

Fray Francisco Blanco Salcedo, bispo de Ourense entre 1556 e 1565,  funda un novo hospital en Ourense adicado a San Sebastián e a San Roque na “Horta do Concello”, espazo de propiedade municipal e situado nesa época, extramuros, pero moi cerca do centro da cidade, o Hospital da Misericordia de San Roque.

Construído entre os anos 1561 e 1562  foi concebido coma un centro de curación e hospital xeral con funcións pouco especializadas, no que se atendía a doentes de calquer nacionalidade, preferentemente pobres, aos que tamén se lles prestaba atención espiritual.

Era un edificio feito con muros de cachote irregular de granito enfoscados e encalados e ainda que a maior parte da construcción tiña escasas pretensións artísticas, na parte exterior do edificio, éstas estaban centradas únicamente na portada de claro estilo renacentista purista.

De pranta cuadrangular ou rectangular, sobresaía soamente o pequeno ábside da capela. Posteriormente se lle foron engadindo dependencias, ata a forma final que chegou ao século XX que lle deu unha planta bastante irregular. Un amplio zaguán ou entrada cuberta, con tres escalons daban entrada ao patio e a a primeira planta do hospital.  Constaba de 2 prantas con un patio cuadrangular central ou sinxelo claustro na planta baixa, enmarcado por columnas de granito no piso baixo, que sostiñan o corredor ao que se lle abrían as cámaras.  O acceso a segunda planta estaba garantido por unhas escaleiras de madeira dende un lateral do patio central. Ao fondo do patio e dando fronte a entrada, estaba a capela, rematada por bóveda de cuncha de vieira.  Grosos muros de granito con ventás cuadrangulares rodeaban o edificio.

A base do mesmo puido ser a Ermida de San Roque, existente xa en 1517, data na que se contrata a carpintería da mesma.  Tamén tiña cemiterio e unha horta amurallada que chegaba ata o río Barbaña;  Na fachada da parte traseira do edificio tiña adosada un ábside semi-hexagonal con tellado a 5 augas e con 2 estreitas ventás colocadas simétricamente e que polo interior estaría ocupada polo altar da capela do hospital.
En 1566 problemas no tellado entrada de augas en aposentos traseiros do edificio.  En 1598 tiña xa catro enfermerías longas, salas e comedores espaciosos, onde se podían recoller máis de 500 enfermos. A distribución interior naquela época era a seguinte:  capilla, roperia, aposento do abade, aposento da ama, enfermería de mulleres, enfermería de homes, altar e sacristía das enfermerías, aposento do maiordomo, cociña, enfermerías baixas e bodega.

En 1842 constrúense novas enfermerías, e nun inventario de 1843, xa reconvertido en Hospital Provincial, consta de capela con 3 retablos, unha cruz de plata, un oratorio en medio das dúas enfermerías principales e 5 enfermerías cos nomes de San Roque, San Sebastián, San José, San Cosme e Damián, e San Antonio, con 80 camas, cociña, cuarto da inclusa, bodega e dependencias accesorias.

En 1873 o derrubo da Concello de Ourense, provocou o traslado tódalas dependencias municipais, primeiramente, ao Hospital de San Roque, cedido pola provisionalmente pola Deputación por un curto espado de tempo. En 1889, o arquitecto José Antonio Queralt Rauret firma a reforma do edificio, abrindo as dúas ventás “antepechadas” do extremo norte da fachada.

O edificio foi ocupado pola Diputación para oficiñas ata o ano 1897;  no ano 1912, o edificio quedou totalmente baleiro polo seu estado de ruina crónica e pola ausencia de mantemento ao longo dos anos, en 1917, a porta foi desmontada e logo trasladada á igrexa da Trinidade.

Así o Hospital de San Roque foi derrubado no ano 1927, péchándose así a longa historia do edificio nesta segunda década do seculo XX coa febre de derrubos, en moitos casos nefasta, daqueles anos, para máis tarde construir a actual Casa de Correos.

Fontes: ( AMOu; APHOu; Biblioteca da Deputación de Ourense; Museo Etnolóxico de Ribadavia; Revista “Fronda” Nº 42 do Arquivo Histórico Provincial de Ourense sobre o Hospital de San Roque; Artigo no xornal “La Región” de Enrique Bande Rodríguez sobre o Hospital de San Roque;
Boletín Auriense. Olga Gallego Domínguez. “Hospitales de la ciudad de Orense”)

 

Ir o contido