Clínica Dentista Cheriguian, 1905

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Edificio urbano
  • Ecléctico galego
S. XIX-XX
Antonio López Crespo
1905 - 1977
Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2015)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

No ano 1905, o empresario Francisco Villanueva Lombardero solicita reformar as casas nº 40- 42 da estrada Villacastín-Vigo, hoxe rúa Progreso, a vía máis importante da cidade de Ourense; reforma que levaría a cabo o arquitecto municipal, Antonio López Crespo, e cuxo proxecto incluía un plano detallado do edificio primixenio, construído a finais do século XIX.

A partir de 1905 inmoble estivo ocupado por una delegación da Embaixada da República Arxentina, pola Clínica Dentista de Atilano Cheriguain e a Ferretería Villanueva, entre outros.

En 1977 o edificio foi derrubado para construir un edificio de vivendas de 10 plantas.

A beleza intrínseca de edificacións históricas absolutamente integradas no seu entorno urbán, perfectamente adaptadas ás escalas humanas, foron sustituídas por edificios de alturas desproporcionadas que a partir dos anos 50-60 do século XX deformaron irremediablemente as vías principais das cidades galegas, transformándoas en entornos feistas, dominados polo tránsito de vehículos e visualmente agresivas co transeunte.

Fontes : (AMOu; Museo Etnográfico Ribadavia; Biblioteca Pública Márcos Valcárcel; Xornal “La Region” Sección Historia en Cuatro Tiempos; Foto Pacheco)

Ir o contido