No ano 1914, o arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez proxecta o Gran Hotel Roma preocupándose por conquerir uns acabados de excepcional calidade, xa que a cidade de Ourense merecía un hotel de nivel similar ao Hotel Balneario de A Toxa, pero coas limitacións derivadas do menor espazo disponible no solar da rúa Progreso.
Así encarga a carpintería aos mestres de obras Fernando González e a Segundo Fernández, ebanistas carpinteiros ourensáns que executan maxistralmente esta magnífica dobre escaleira principal do hotel de estilo imperial, en madeira, mármore branco e forxa de ferro fundido, así como a porta principal de entrada do hotel, ámbalas dúas obras dunha factura excepcional.
Gulías aproveitouse extensamente dos elementos constructivos usados previamente nos edificios deseñados por él, e da recoñecida experiencia constructiva e o bon facer dos grandes mestres ourensáns, herdeiros dos nobres oficios de canteiros, carpinteiros e mestres de forxa en ferro como Malingre, que ao longo da historia foron erguendo e dando forma a cidade que hoxe herdamos neste século XXI.
O seu acabado e composición aseméllanse moito á escaleira imperial do Hotel Balneario de A Toxa, en O Grove, Pontevedra, que ainda se conserva, e tamén repite os deseños de estilo modernista dos soportes de ferro utilizados tamén la Casa de Baños de Outeiro, situada tamén na rúa Progreso de Ourense.
Pero esta escaleira non representa só unha época, un estilo arquitectónico maxistral ou unha simple denuncia pola perda patrimonial e cultural irreparable, senon que esta escaleira sempre foi un punto neurálxico da cidade de Ourense, onde moitos grupos de ourensáns consideraron o mellor lugar posible para posar para a posteridade.
Tivo o mesmo destino que o edificio que o albergaba, desaparecendo definitivamente na década dos 70, ainda que consta que algunhas partes da mesma foron reutilizadas noutras ubicacións.
