No ano 1914, o arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez plantexa a reforma integral da existente Fonda Cuanda (Fonda Cuanda, 1871 – Centro Infográfico Avanzado de Galicia) proxectando o monumental Gran Hotel Roma (Gran Hotel Roma, 1914 – Centro Infográfico Avanzado de Galicia) de estilo modernista parisino, no tramo central da rúa Progreso da cidade de Ourense.
O Roma foi un lugar cosmopolita como o foron os grandes hoteis do seu tempo, un punto de referencia para os ourensáns e un edificio fermoso que foi sustituido finalmente por un edificio de vivendas. Ao longo das décadas o hotel cambiou de propietarios varias veces, aumentou a súa capacidade hoteleira, e converteuse nun dos mellores restaurante da cidade, onde que se casarían centos de parellas, e tamé acolleu na súa cafetería as tertulias con máis historia da cidade.
En 1927, abre a súa cafetería situada no lateral dereito da pranta baixa da fachada, converténdose nun lugar neurálxico e emblemático na sociedade ourensá daquela época, coa entrada de acceso directamente dende a rúa progreso, pero tamén dende o hall principal do hotel que centralizaba a distribución de accesos cara ás distintas dependencias do hotel, onde estaba a magnífica dobre escaleira principal de estilo imperial (Escaleira Imperial do Hotel Roma, 1914 – Centro Infográfico Avanzado de Galicia), en madeira, mármore branco e barandas forxa de ferro da Fundición Malingre, e na parte traseira da cafetería, accedíase a unha zona ao aire libre con zona arbolada e axardinada.
A dictadura franquista rematou coas reunións nas sedes dos partidos políticos, máis a cafetería do Roma acolleunas albergando os “faladoiros” ou tertulias en pública cladestinidade, que se dispuñan estratéxicamente no seu limitado espazo interior. Nos anos 40 había faladoiros dos catedráticos dos institutos da cidade, dos avogados, dos médicos, dos literatos, dos xadrecistas, dos galeguistas, dos grupos políticos progresistas, liberais e demócratas, e da coñecida “peña dos sabios”.
A mítica cafetería do Hotel Roma tivo o mesmo destino que o edificio que o albergaba, desaparecendo definitivamente a finais da década dos 60.
Fontes: (Libro “Gran Hotel Roma”, Fernando Valcárcel González, 2019 – Xornal “La Region”)
