Fundado en 1894, o Círculo Mercantil e Industrial de Santiago de Compostela foi unha sociedade cultural e profesional de empresarios e comerciantes adicada a actividades recreativas, culturais e de fomento das relacións comerciais. O seu primer presidente documentado foi Acisclo Sainz Díez.
Esta entidade organizou conferencias, concertos e actos culturais e recreativos, programacións musicais, recitais, ciclos de conferencias, debates e ponencias internacionais, e aparece citada con regularidade na prensa local dende finais de século XIX e as primeiras décadas do século XX.
Asimesmo formou parte do florecemento de asociacións culturais e recreativas en Compostela a fines do século XIX que ampliaron o acceso a actividades musicais e debates culturais más aló das elites eclesiásticas. Estos kioscos non só servían bebidas e aperitivos, senon que eran centros de reunión onde se comentaba a actualidade local.
Este desaparecido pavillón de recreo e lecer, estaba situado no comezo da Praza da Ferradura, de marcado estilo neomudéxar, seguindo as tendencias europeas orientalizantes de finais do século XIX, e servía como punto de reunión social no Paseo da Ferradura no entorno da Alameda de Compostela.
Considerada “arquitectura efímera” polo uso de madeira na estrutura e pola escasa durabilidade deste material en ausencia de mantemento, presenta arcos de ferradura polilobulados, celosías, farolillos, falsas ventás, azulexos decorativos, cresterías, e unha ornamentación detallada que lle confería un aire exótico e elegante.
Descoñécese quen deseñou esta fermosa edificación e quen a construíu.., así como o tempo que estivo en funcionamento.
A única fotografía que existe do Pavillón do Círculo Mercantíl de Compostela é de autoría descoñecida, datada a finais do século XIX, ao redor de 1897.
Fontes: ( Enciclopedia Universal Galegala (EGU) – Libro: “Imaxes do patrimonio arquitectónico desaparecido”,
Dereitos e propiedade intelectual protexidos por <SafeCreative>. Prohíbese a reprodución total ou parcial, impresión, alteración e procesamento con IAs xenerativas, salvo autorización expresa do autor/es, en previsión das posibles responsabilidades legais.
