En 1892, dende o xornal ourensán “El Derecho”, promoveuse a idea de erixir unha estatua conmemorativa en honor á figura de Concepción Arenal.
En 1893, tras a morte da escritora, constituíuse unha comisión para erixir o monumento, e nela determinouse: “… que se digne concederle sitio para la colocación del monumento que hace perpetuar el glorioso recuerdo de la autora de “El visitador del pobre”, el cual monumento habrá de componerse de un pedestal de granito y mármol y de una estatua de bronce fundido, de 5 metros de altura aquel y de 2 metros con 60 centímetros éste …”
En 1896, tal como establecían as bases, correspondeulle á Academia de Bellas Artes de San Fernando elexir o proxecto gañador entre os 24 presentados, e por unanimidade elexiuse o presentado polo escultor segoviano, Aniceto Marinas.
En 1898 a estatua sería emprazada na Alameda do concello, na actual Praza do Bispo Cesáreo, onde estaría case 70 anos, mirando cara ao antigo Hospital de San Roque, tras unha sobria inauguración, ocupou un dos lugares prominentes da cidade, á altura da figura de Concepción Arenal.
O pedestal foi deseñado polo pintor ourensán Ramón Parada Justel, coa colaboración e consello do arquitecto municipal Daniel Vázquez-Gulias Martínez, quen realizou os planos técnicos e participou na construcción e colocación do monumento.
En 1968 no Pleno do Concello de Ourense preséntase unha moción que decía: “…con la conveniencia de trasladar la estatua de su actual emplazamiento al de la plaza que queda enfrente del Palacio de Justicia…”
En 1969, tras unha controvertida decisión municipal, e a pesares do descontento xeral e a oposición cidadá, o pedestal desmantelouse e foi sustituído por por outro distinto, reubicaron o monumento na Praza de Concepción Areal, preto da Ponte Maior, nun alcorque central axardinado e rodeado dun intenso tráfico rodado que alonxa ao viandante do monumento. Especúlase que a neglixencia nese traslado puido causar un estropicio e a perda irreparable deste elemento arquitectónico tan relevante. As pezas de pedra e a reixa de ferro fundido do peche perimetral do pedestal foron reutilizadas nun xardín situado na Rúa da Barreira.
Dereitos e propiedade intelectual protexidos por <SafeCreative>. Prohíbese a reprodución total ou parcial, impresión, alteración e procesamento con IAs xenerativas, salvo autorización expresa do autor/es, en previsión das posibles responsabilidades legais.
Fontes: ( Merdeces Gallego Esperanza “Monumento a Concepcion Arenal” , Faro de Vigo, La Región)
