Torre de Dona Urraca, Caldas de Reis, S. XII

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Restos arqueolóxicos
  • Arquitectura civil militar
Torre
  • Medieval galego
S. XII-XIX
Campo da Torre
Caldas de Reis (Pontevedra)
Carlos Paz de Lorenzo (2021)
Julio Vázquez Castro (Doutor de Historia da Arte e Profesor Titular da USC)
Luis Maria Salgado (Investigador da Historia de Caldas de Reis)

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

No século XII, a raíña Dona Urraca tivo na vila unha torre defensiva na que pasou longos períodos de tempo, xunto co seu fillo Afonso, froito do seu matrimonio con Raimundo de Borgoña, Conde de Galicia, que reinaría como Alfonso VII. Así foi como se coñeceu como “Caldas de Rex”, sendo vila real, a actual Caldas de Reis.

A Torre estaba situada no lugar coñecido como “Campo da Torre“, a carón da pontae do río Bermaña, e orixinalmente tiña un recinto fortificado amurallado perimetral con pequenas construcións de servizo no seu interior.

A restitución virtual é anterior ao ano 1468, xa que as torrecillas nas catro esquinas e as almeas perimetrais da parte superior, foron botadas abaixo nas revoltas irmandiñas, e xamáis volveron a reconstruirse.

Posteriormenta a esa data, a torre sufriu diferentes reformas e usos, ata que a finales do século XIX, en 1891 foi desmantelada por completo aproveitándose a sillería e diversos elementos arquitectónicos, na construción da Igrexa de San Tomé, ademáis doutras elementos decorativos que foron reaproveitados noutra edificación situada en Vilagarcía de Arousa.

A ubicación exacta da torre foi unha incógnita ata o achádego dun plano de carácter militar do ano 1845 da Travesía de Caldas, que ubica con exactitude a posición da torre no actual entradamo urbano de Caldas de Reis.

 

 

Ir o contido