A monumental “Ponte Vella” de Ourense ten a súa orixe nun asentamento romano situado á beira das vías que unían Chaves e Braga con Lugo e A Coruña. Tras longas fases cíclicas de ruínas e reformas da ponte ao longo dos séculos, en 1228 aparecen os primeiros rexistros históricos sobre torres defensivas, e en 1382 fálase dunha “Torre Vella”, a torre primixenia que servíu de defensa contra la invasión militar do Duque de Láncaster, e mandada construir polo Bispo Lorenzo.
Así entre 1571 e 1579 complétase a construcción desta nova torre-porta que sustituiría a anterior torre, da que non existen datos nin gráficos nin descriptivos.
A torre estaba situada sobre o cubo do 6º pilar da ponte, tiña de rodeo e alto por fóra (9,33 mts), altura total da torre co pilar, dende o terreo sería de 34.51 mts, e no remate da torre, dous escudos de armas reaies e outras figuras de leóns; 2 portas de paso da ponte, capela (2 mts), bóveda de terceletes (3,3 mts), 5 claves, 4 ventás no alto, unha anchura interior de 6,13 mts, e 6.68 mts. de longo, levaría escaleira de caracol, paredes de 0,83 mts. de espesor, duas portas de 2.78 mts. de ancho cada unha, e entre porta e ventá, esculpiránse as armas reais e as da cidade, o remate da torre será de “media laranxa”, coa súa arquitrabe, friso e cornixa, de tal xeito que se poida andar arriba ao redor, lemtablamento e almenas, 4 caldeleiros, un en cada esquina. Toda a torre irá polo exterior enchapada de granito, e debaixo dos candeleros irán as correspondentes gárgolas, que voarán 0.83 metros. Finalmente di que a torre terá unha altura mínina de 10 metros.
1592 ameaza ruína un dos lenzos da torre; en 1595 sufríu reparacións, así como nos anos seguintes anos de 1621, 1631, 1664, 1679 y 1704. En 1710 realizanse obras defensivas na ponte, reparándose a porta de madeira en mal estado, e trasladándose ambos portones á Porta da Aira; en 1735, de novo precisaba de reparo o tellado; en 1738 dictamínase que a torre volvía a estar en perigo; en 1743 medran árbores entre os sillares da ponte e nas paredes exteriores da torre, e acórdase a corta e botarlles aguaforte para secar dende a raiz; en 1745 se desmóronase o teito das torres; en 1752 abónase ao carpinteiro Pedro García 90 reaies polo retellado da torre; en 1773 desmóntase o arco exterior da portada da torre cara á cidade para montarse de novo xa reforzada; en 1809 o Marqués de la Romana mandou quitar o tellado para fortificar mellor a torre pero meses despois a bóveda quedou perxudicada afectando a seguridade; en 1837 constrúese unha nova torre do lado de Canedo, máis ben un fortín ou empalizada sobre unha das dúas cepas do arco principal coma defensa ante un posible ataque das tropas carlistas; e finalmente en 1839, rematada a guerra carlista prodúcese a demolición definitiva de ámbalas dúas torres, xa que estaban en mal estado e interrumpían o tráfico de carretas e persoas.
A o longo da súa existencia serviu como polvorín, cárcere, porta de acceso de persoas e mercadorías á cidade, e como método de control sanitario ante a pandemia de peste do século XVIII.
Fontes: (AHPOu; LIbro “A Ponte Maior”, Juan Carlos Rivas)
