Teatro-Circo Aureliano Ares de Parga, 1886

restitucion-3D
  • Arquitectura non construída
  • Arquitectura civil ocio
Salón teatro
S. XIX
Descoñecido
1886
Avda de Pontevedra/ Praza Bispo Cesáreo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2014)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

O día  8 de marzo de 1886, o industrial Aureliano Ares de Parga, presenta solicitude á corporación municipal para obter unha concesión de 10 anos que lle permita edificar en terreos de propiedade municipal, un Teatro-Circo de madeira.

O plano presentado coa solicitude é bastante tosco e con poucos detalles da ornamentación exterior aínda que o plano de planta sí presenta un desglose pormenorizado da distribución interior.  Segundo a descripción do expediente, este plano presentado era provisional e que en caso de obtención da licencia municipal, presentaríase o plano detallado correspondente.

A distribución interior do Teatro-Circo está moi detallada, amosando un estudo bastante riguroso dos usos de cada un dos espazos do recinto de 500 m2, e a solicitude de licenza detalla que:  “será de madeira, de construción sólida e elegante, reunindo as condicións necesarias a tal obxecto. Mide 20 metros de frente por 25 metros de longo, limita polo frente coa rúa Progreso e ao longo coa rúa Pereira, facendo esquina na entrada da praza denominada “Horta do Concello..”, (actual praza do Bispo Cesáreo).

A utilidade do edificio será que Ourense contará cun centro de diversións lícitas, ademáis dunha escola de ximnasia e equitación, diversións de ximnasia hixiénica para cativos, tiro con pistola, funcións lírico-gramáticas  e conciertos e actidades equestres.

Non consta ningún documento gráfico, fotográfico ou escrito, en prensa de época ou en estudos históricos, que demostre realmente que chegara a construirse este edificio de madeira adicado ao ocio.

Fontes : (AMOu; Archivo COTOP; Xornal La Region, Historia en 4 Tiempos)

 

 

Ir o contido