Edificio Suances, 1931

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Vivenda
  • Ecléctico galego
XX
Manuel Conde Fidalgo
1931 - 1970
Rúa Progreso, Rúa Ervedelo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2015)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

Tamén coñecido como “Edificio Lombardero”, este magnífico edificio para vivendas foi deseñado polo arquitecto ourensán Manuel Conde Fidalgo en 1931 específicamente para un cruce estratéxico na cidade de Ourense, entre antiga estrada Villacastín-Vigo (actual Rúa Progreso) e antiga estrada a San Clodio (actual Rúa Ervedelo).

O arquitecto realizou dous proxectos distintos, un incorporaba unha cúpula semiesférica sostida por columnas no vértice do chaflán curvo, e o outro deseño, máis conservador, mantendo o chafán curvado para salvar o cruce entre rúas e resolvendo o desnivel descendente da fachada lateral, foi o que finalmente se construíu.

O edificio ademáis de vivenda, tivo varios negocios na súa pranta baixa, a “Ferretería Lombardero”, unha oficina do “Auto Industrial”, e o “Café-Bar Deportivo”. A principio dos anos 70 foi derrubado vítima da burbulla especulativa inmobiliaria do século XX.

Fontes: (AMOu, Museo Etnolóxico Ribadavia, Prensa La Region)

Ir o contido