Salón Apolo, 1916

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil ocio
Salón teatro
  • Ecléctico galego
  • Modernista
XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1916 - 1926
Rúa do Paseo
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2015)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infografic Center of Galicia)

En 1916 abría en Ourense o “Salón Apolo” sobre os cimentos do que antes fora o “Palacio Luminoso” e máis tarde o “Salón de Variedades”. Deseñado polo arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez, destaca o uso de pináculos na fachada principal e elementos ornamentais modernistas, lineas curvas e volutas a modo de cornixa na fachada lateral, sendo o edificio una estructura provisional feita con madeira, ferro e losetas de uralita, adicada fundamentalmente á proxecións cinematográficas e espectáculos de “varietés“.

Detrás deste proxecto estaba un dos pioneiros na distribución e exhibición cinematográfica en Galicia, Isaac Fraga Penedo, fundador de “Empresas Fraga”, que nesa época estaba expandindo o seu negocio do ocio, a toda Galicia.

A decoración modernista interior foi realizada polo pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño, chegando a ser un lugar importante para o ocio dos ourensáns e que está fortemente ligado á historia da cinematografía galega. No ano 1926, e como consecuencia dos efectos dun forte temporal, o edificio quedou totalmente destruído.

Fontes: (AMOu;  Biblioteca do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”; Libro “Cines de Galicia”, Jose Luis Cabo e Jesús Ángel Sánchez; Libro “El arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez”; Libro “Arquitecturas Desvanecidas: memoria gráfica del patrimonio desaparecido en Galicia. Editorial Abada. 2019)

Ir o contido