En 1903, o arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez deseña este edificio específicamente para o obispado de Ourense, cun estilo ecléctico entre o neoclasicismo e o neogótico. Un edificio exento, con luces ás catro fachadas, e ainda que fixeron varios bocetos e deseños previos, o finalmente construído suprimíronse as mansardas laterals da cuberta, desaparecendo a solución francesa de mansarda de forte pendente que figuraba no alzado inicial, incluída a planta superior e con ela outros elementos decorativos.
Inicialmente o edificio foi concebido para albergar unha residencia de sacerdotes anciáns na antiga rúa Vicente Pérez, actual rúa do Paseo. Durante a guerra civil foi sede do Instituto de Ensinanza Media, e posteriormente foi sede do colexio Maristas, ata hoxe en día que é a sede do Goberno Militar de Ourense.
O deseño orixinal do arquitecto non foi respectado, construíndose unha versión de menos altura e máis simplificada.
Fontes: (AMOu; Museo Etnográfico de Ribadavia; Libro “El Arquitecto Daniel Vázquez-Gulías“, Edit.Edilesa,1998; Libro “La transformación de una ciudad“, de Victoria Carballo-Calero; Libro “O arquitecto Daniel Vázquez Gulías“, Caixa Galicia)
