Establecementos Álvarez, 1907

restitucion-3D
  • Arquitectura perdida
  • Arquitectura civil
Vivenda
  • Ecléctico galego
S. XX
Daniel Vázquez-Gulías Martínez
1907 - 1970
Rúa Progreso
Ourense (Ourense)
Carlos Paz de Lorenzo (2017)
CIAG

CIAG (Centro Infográfico Avanzado de Galicia – Advanced Infographic Center of Galicia)

O edificio orixinal foi deseñado polo arquitecto Antonio López Crespo en 1883, como encargo para o chalet residencia da familia Feijóo.  Posteriormente foi reformado e ampliado en 1907 polo  arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez, a instancias de Emilio García Rodríguez.

A reforma desta fermosa fachada de madeira do piso primeiro foi realizada cun especial respecto polo deseño orixinal, consistíu na extensión de ambos laterais da galeria da fachada, mantendo as decoracións empregadas e dándolle continuidade a visión orixinal ata os muros dos edificios colindantes, e mellorando o conxunto do edificio.

O edificio albergou nos seus baixos durante anos un negocio chamado “Establecimientos Álvarez”, nome polo que se coñecía o edificio, que estivo ao carón do Gran Hotel Roma, e tivo o mesmo destino, e na década dos anos 70 foi derrubado para construir edificios de vivendas.

Fontes: (AMOu;  Museo Etnográfico Ribadavia; Arquivo Fotográfico Deputación Ourense; Detalle fotográfico Xornal ABC)

Ir o contido